|
Notícies :: ecologia |
A bicicleta, medio de transporte alternativo en cidades conxestionadas
|
|
per bulet ciclista Correu-e: porrodemaria@hotmail.com (no verificat!) |
17 jun 2004
|
Michael Meschik, Doutor Enxeñeiro e Profesor na Universität für Bodenkultur de Viena, leva anos de traballo adicados a investigar os problemas da mobilidade cotiá e a súa relación co planeamenteo territorial. Estes días atópase en Compostela, onde asistirá o mércores día 16 de xuño a unha charla-coloquio organizada pola USC e máis ADEGA na Facultade de Historia. O obxectivo: que se teña en conta a bicicleta como medio de transporte urbano para conseguir cidades máis limpas e sustentábeis. |
VIEIROS // EDICIÓN SANTIAGO
14/06/2004
PEDALEANDO CARA Ã? SUSTENTABILIDADE
A BICICLETA, MEDIO DE TRANSPORTE ALTERNATIVO EN CIDADES CONXESTIONADAS
Michael Meschik, Doutor Enxeñeiro e Profesor na Universität für Bodenkultur de Viena, leva anos de traballo adicados a investigar os problemas da mobilidade cotiá e a súa relación co planeamenteo territorial. Estes dÃas atópase en Compostela, onde asistirá o mércores dÃa 16 de xuño a unha charla-coloquio organizada pola USC e máis ADEGA na Facultade de Historia. O obxectivo: que se teña en conta a bicicleta como medio de transporte urbano para conseguir cidades máis limpas e sustentábeis.
PaÃses como o Canadá, Alemaña ou China contan dende hai tempo cunha infraestructura axeitada para que aqueles que optan pola bicicleta como medio de transporte habitual poidan facelo con total seguridade. Nos últimos anos moitas organizacións, coma o Comité pro Bici ou Amics de la Bici, veñen defendendo a utilidade deste vehÃculo como alternativa aos coches particulares que invaden cada dÃa cidades e vilas xerando grandes cantidades de contaminación atmosférica, ruÃdos enxordecedores e o deterioro da calidade de vida que todo iso conleva.
Pero circular en bicicleta pode convertirse nunha aventura diaria na maiorÃa das cidades, sen carrÃs especÃficos nin medidas de seguridade vial apropiadas. É por iso polo que tanto a asociación ecoloxista ADEGA coma a Universidade de Santiago de Compostela pretenden reivindicar espazos urbanos para as bicis de cara a que esta pasen a convertirse no medio habitual para acudir ao traballo ou desprazarse sen problemas en calquera vila ou cidade.
Solicitan unha inversión a longo prazo para o que consideran o transporte do futuro. Un transporte que respeta ao medio ambiente e que favorece a vida en cidades cada dÃa máis molestas polos fumes e os bruÃdos das motos, dos coches, dos buses… |
 This work is in the public domain |