Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Octubre»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: globalització neoliberal : amèrica llatina
La Llengua de "Lula"
15 jul 2003
CAMILO NOGUEIRA (Eurodiputado del BNG)
COMO MEMBRO dunha delegación do Parlamento Europeo, tiven hai poucos días a oportunidade de manter entrevistas con ministros e os principais asesores do presidente Luís Inácio Lula da Silva, cos líderes dos grupos parlamentares do Cámara dos Deputados e do Senado Federal en Brasilia e co presidente do Congreso Nacional e antigo presidente do Brasil José Sarney. Comprobei mais unha vez a facilidade coa que os dirixentes do Brasil sintonizan coa realidade da identidade linguística e cultural entre o seu país e Galiza. Constatei a sorpresa dos deputados europeus ao veren que esa relación non só pertencía a Portugal, que é considerado con toda xustiza e actualidade como a nai patria, senón tamén con Galiza, que goza da fortuna e do privilexio de falar a mesma língua que os 170 millóns de brasileiros. A mesma língua, até o ponto de os brasileiros a consideraren mais próxima foneticamente que a que falan en Lisboa, tomada como norma da língua de Portugal. Sorprendeume ler nos valados de Compostela nos anos setenta, «a nosa língua e o galego», escrito na miña língua, diciame un dos máis próximos conselleiros do presidente Lula.
Para os que temos o galego como língua nacional, estando en Brasil é inevitábel experimentar unha dupla e contraditória sensación. Por un lado a de sentir de novo até que ponto o galego non é unha língua minoritária no mundo. Por outro lado a desesperanza que causa o feito de que na própia Galiza, coincidindo os que están en contra do galego como muitos dos que o defenden sinceramente, non é aproveitada esta universalidade como un factor fundamental de normalización, como unha reivindicación mais frente ao carácter subalterno a que está submetido no sistema político e institucional do Estado español.

A relación de Galiza con Brasil, como con Portugal, constitui unha das bases principais da sua personalidade. O día que Galiza se recoñeza como irmá do Brasil, mesmo na conciencia de ser a única nación do mundo que fala as duas línguas principais de Latinoamérica, todo pode mudar no noso país. A conciencia desta rica realidade non só situará noutra perspectiva o futuro da língua «de seu», resultando absurda mesmo a idea da «desaparición» do galego, senón que aparecerá cunha luz totalmente nova a diferencia de Galiza dentro do Estado español, as relacións sociais, económicas e culturais con Latinoamerica e a presenza de Galiza na Unión Europea.

A Universidade de Santiago de Compostela acordou nomear doutor honoris causa a Lula, o intelixente e tenaz operario que construiu o Partido dos Traballadores e non desfaleceu no seu longo camiño ascendente como candidato á Presidencia do Brasil, apesar de que o seu longo esforzo era tomado como un fracaso polos seus inimigos e tamén por algúns dos seus amigos. Espero ouvir a Lula falando en Compostela no portugués-brasileiro, no galego, de Pernambuco. Luís Inácio Lula da Silva recibiu tamén o prémio Príncipe de Asturais de Cooperación Internacional. Todo isto foi celebrado en Brasilia como unha grande honra para o presidente e para Brasil. Mentres, seica existen editoriais galegas que non queren limitarse a publicar libros en galego, pretendendo extender a suas publicacións a obras en castelán, dado que ten un mercado de centos de millóns de persoas. A pretensión comercial é razoabel, mais por qué non procuran tamén mercados en portugués falado tamén por douscentos millóns de persoas?. O reducido horizonte mental e comercial deses editores non lles permite recoñecer esta realidade económico-cultural, tan nosa. No queren ou non poden pór en causa o papel subordinado que é ao galego no Estado español. Cando en Galiza os editores están paralisados por este prejuizos, os principais editores españois están a realizar un esforzo extraordinário para publicaren en Brasil en portugués. Cando editores galegos cren facer unha grande descoberta publicando en castelán para os lectores de Valladolid, os editores de Madrid traballan para venderen en Sâo Paulo. Un grande e lamentábel paradoxo que seguirá presente entanto que non tomemos conciencia da nosa personalidade universal e da nosa diferencia, hoxe suplantadas.

CAMILO NOGUEIRA
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=181722
Mira també:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=1817220&txtDia=9&txtMes=7&txtAnho=2003

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more