Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Juny»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
          01 02
03 04 05 06 07 08 09
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Veure comentaris | Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: pobles i cultures vs poder i estats
Fraga di adeus ao PPdG, deixa a colonia de orixe e volve a metropole
15 gen 2006
VIEIROS

SEN DIVERXENCIAS NOS RELATORIOS DA PRIMEIRA XORNADA DO XIII CONGRESO DO PPdeG

FRAGA GABA QUE FEIJOO "AMOSOU QUE SABE FACER AS COUSAS"

14/01/2006

"Se no seu momento o nomeei vicepresidente primeiro da Xunta non creo que teña que dar máis explicacións", afirmou este sábado Manuel Fraga no inicio do Congreso que oficializará a fin do seu reinado no PPdeG, ao respecto do home que o relevará no cargo, Alberte Núñez Feijoo. Sobre a ausencia de Xosé Cuíña nesta cita referiuse o presidente da deputación de Ourense Xosé Luís Baltar, comentando que "o que non quere vir non o imos obrigar, pero desde logo, hai que estar".
Manuel Fraga confirmaba así a súa beizón ao que desde este domingo será novo líder do partido e de paso cualificaba de "magnífica" a súa proposta de candidatura, ao respecto da cal o propio Alberte Núñez Feijoo lle agradecera publicamente este venres que a estudase sen propoñerlle ningunha modificación. O aínda líder do partido dixo estar seguro de que Feijoo saberá manter a unidade do partido e ao tempo traballar por "melloralo e poñerlo ao día".


Fraga opinou que o PPdeG amosou "saber renovarse", e subliñou a súa satisfacción por como se resolveu o proceso sucesorio. Engadiu ademais o presidente saínte que o seu relevo "é un home intelixente e moi adestrado que coñece ben a realidade galega e española".

SEN CU�ÑA NIN CUIÑISTAS

"Eu sempre dixen que cando se pedía un congreso para a sucesión, desde o día da súa celebración e aínda que eu en principio defendese outra cousa, estaría con quen saíse escollido presidente desta cita", quixo subliñar o presidente dos populares ourensáns, Xosé Luís Baltar, ao chegar ao Congreso este sábado. Baltar insinuaba así unha velada crítica á ausencia de Xosé Cuíña no foro popular desta fin de semana, afirmando que "hai que ser demócratas" e "apoiar o líder que foi escollido".

"Algúns pensaban que isto ía rematar coma o rosario da aurora e que racharía o partido", comentou, "pero todos, desde os dirixentes aos militantes loitaron polo futuro do partido e escolleron o mellor", afirmou un Baltar que dixo estar seguro de que "a militancia está satisfeita de cómo se garantiu o futuro do PPdeG para despois de Manuel Fraga".


POUCO DEBATE NAS PONENCIAS

"Foron emendas de énfase, fundamentalmente, que afondaban no que a propia ponencia xa propoñía", asegurou Pedro Puy, relator da ponencia arredor da reforma estatutaria, subliñando un consenso no debate no que tamén insistiron os outros tres ponentes. "Conseguimos o noso obxetivo de facer un documento onde o PPdeG renova o seu compromiso galeguista nesta etapa trascendente e diferente á que nos enfrontamos", afirmou Puy, logo de explicar que cinco das 25 emendas foran retiradas, e do resto, 13 aceptadas e 7 transaccionadas.

Pola súa banda, Belén Prado, relatora da ponencia "Pleno Emprego", subliñou que o seu texto está basado "no obxetivo que o partido xa se marcara no programa electoral co que fomos ás últimas eleccións autonómicas" e criticou que "os partidos que hoxe teñen a honra de gobernar Galiza cualificaran as nosas ideas ao respecto de ciencia ficción, cando ficción son as propostas que até o de agora ofreceron no que levan de goberno". Na opinión de Prado, o bipartito tería fracasado deica agora na promesa de ofrecer iniciativas reais e ambiciosas para a creación de emprego en Galiza. Ao tempo, propuxo a creación dun Observatorio Galego do Emprego, que faga seguemento continuo da situación, cambios e demandas do mercado laboral galego.

This work is in the public domain

Comentaris

Fraga di adeus ao PPdG, deixa a colonia de orixe e volve a metropole
15 gen 2006
Din que Don Manuel vai volver á Metropole oh...agora deixa á colonia de orixe e volve ao Senado a tocar o carallo. Non vai morrer nin de coña o fillo de puta. Claro agora volve a Madrid onde fixo grande parte da súa carreira como Ministro de Franco.

HAI QUE IR MORRENDO...MANOLO HAI QUE IR MORRENDO...HAI QUE IR MORREEEEENDO...MANOLO HAI QUE IR MORREEEENDO
Re: Fraga di adeus ao PPdG, deixa a colonia de orixe e volve a metropole
15 gen 2006
Tranquils, que a cada porc li arriba el seu sant martí

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more