Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Juny»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
            01
02 03 04 05 06 07 08
09 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30            

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: criminalització i repressió
Acción del CSA Mil Lúas en la frente al Concello de a Coruña
19 jun 2004
Esta mañá realizamos unha acción reivindicativa na praza de Mª Pita que
consistiu na representación irónico - burlesca dun partido de fútbol entre
Burócratas do Concello de A Coruña e Mil-Luenses.
Pancarta1.jpg
No partido quedou patente que, a pesares de ser moitos menos os burócratas,
a complicidade do árbitro xuíz do encontro (quen manipulaba o balón, as
decisións e o resultado ó seu antollo) fixo que o resultado fose claramente
en contra do Mil Lúas.

Con isto quixemos representar e mostrar aá cidadanía o autoritarismo con que
se produciu o peche do noso Centro Social e que seguiremos loitando contra o
control da participación social e pola liberación dos espacios públicos.

A acción rematou coa descolgada dunha pancarta CONTRA O PECHE DOS CENTROS
SOCIAIS no alto dunha andamiaxe situada nunha fachada lateral da praza.

A continuación o comunicado difundido hoxe na acciión.

Saudos e gracias pola difusión

P.D: disponemos de máis fotose video da acción íntegra

FRENTE AO PECHE AUTORITÃ?RIO DO CONCELLO,
LIBERACIÓN DE ESPACIOS PARA A CREATIVIDADE


O partido 'Milluenses vs. Burócratas' é unha acción lúdica de reivindicación
dos espacios públicos como espacios para a creatividade social e para o
desfrute colectivo.

Os espacios públicos da cidade da Coruña deben continuar sendo públicos,
frente á ameaza que supón a crecente converxencia de intereses entre as
institucións e os poderes económicos -en particular as constructoras- no
contexto dunha cidade mercantilizada pola especulación urbanística.

Os espacios públicos da cidade da Coruña deben ser espacios libres, frente á
ameaza de disciplinar e regular todo o que pareza que se sae da norma nunha
cidade cada vez máis pacata.

Os espacios públicos da cidade da Coruña deben ser espacios de
participación, para as persoas sociais que somos, que non entran no estreito
corsé da cidadania como delegación electoral exercida cada catro anos.

Os espacios públicos da cidade da Coruña deben ser espacios de creación,
frente ao papel de consumidores pasivos que se nos reserva ante un mercado
omnipresente, que alcanza tamén á cultura, ao ocio, ás ilusións e aos
desexos.

O CSA Mil Lúas é un espacio público, libre, de participación e de
creatividade. Foi precintado polo concello da Coruña o 7 de xuño. Pero isto
non é máis que o principio. ML non vai a pique por un precinto, porque é
imposible de encerrar nun espacio físico: ML circula a través dos múltiples
espacios do social. ML está aquí para quedar-se.

Centro Social Autoxestionado MIL LÚAS
Pancarta2.jpg

This work is in the public domain

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more