|
|
|
Notícies :: ecologia |
|
FORO NEGRO: A CULTURA ENTRE TODOS E TODAS
|
|
|
per Por BURLA NEGRA |
07 oct 2003
|
|
A PLATAFORMA CONTRA A BURLA NEGRA FAI UNHA CHAMADA � XENTE DA ARTE E DA CULTURA: O FORO NEGRO REUNIR� EN NOVEMBRO A XENTE PREOCUPADA POLO ESTADO XERAL DA CULTURA NA GALIZA. MESAS REDONDAS, DEBATES, GRUPOS DE TRABALLO. E O M�IS IMPORTANTE: TODOS E TODAS PODEMOS PARTICIPAR, NUN PROCESO DE ORGANIZACIÓN NO QUE XA PODEMOS INTERVIR ENVIANDO PROPOSTAS. SEGUE LENDO... |
FORO NEGRO: Estados Xerais da Criazón Cultural
Burla Negra
E despois do Prestige, que?
Que nos depara o Xacobeo?
Sempre así?
Nunca Máis. Galiza 2003.
A nosa historia, o presente e o futuro.
1.PRESENTACIÓN
Moita xente cremos que o proxecto da cultura galega só pode configurarse como unha construción comunitaria. Como criadores e criadoras dunha cultura minorizada e nunha sociedade en crise queremos xuntarnos para falar. É necesario.
O Foro Negro quere servir como casa de todos e todas para construír un discurso plural sobre o estado da criatividade cultural na Galiza a partir dos nosos discursos particulares.
O Foro Negro quere recoller a nosa voz común de denuncia e intercambio de reflexións, estratexias e dinámicas cara ao futuro.
O Foro Negro quere ser un ponto de encontro para a comunicación de alternativas e liñas de acción.
O Foro Negro quere pór en común as múltiples metodoloxías, visións e experiencias persoais e asociativas que están a criar cultura galega día a día.
O Foro Negro quere ser un espazo para o intercambio de alta tecnoloxía en movementos socioculturais.
O Foro Negro quere ser a corda dunha polea á que todos e todas poidamos achegar os brazos para erguer do pozo nun caldeiro de cinc a Liberdade.
Semella que no último ano, a historia da cooperación entre os axentes do mundo da cultura deixou de ser disgregada e episódica e, de forma exemplar, os criadores e criadoras puxémonos ao servizo da cooperación para afrontar o camiño cara a un horizonte de dignidade.
Mais, e agora que? Cal é o seguinte paso?
A Plataforma contra a Burla Negra chama ao diálogo da sociedade da cultura.
O Foro Negro quere ser un barco de palabras construído entre moitos e moitas.
Autoconvocádevos, convidádevos vós mesmos, facede correr a noticia:
O mundo da cultura reúnese para falar sobre o Futuro. Informade, comunicade: O 22 e 23 de NOVEMBRO, no Instituto Galego de Información, todos e todas xunt@s.
Mesas redondas, grupos de traballo, charlas, debates, asembleas, etc., ao servizo da liberdade...
Esta quere ser unha viaxe aberta e libre á participación de todo o mundo.
Outra Galiza é posíbel!
2. ORGANIZACIÓN
O Foro Negro quere conformarse como un ENCONTRO que resulte dun proceso participativo e aberto, artellado en tres fases:
1ª: INFORMACIÓN E TOMA DE CONTACTO.
2ª: RECOLLIDA DAS APORTACIÓNS E FECHE DO PROGRAMA
3ª: FORO NEGRO
Primeira fase: INFORMACIÓN E TOMA DE CONTACTO
O obxectivo desta primeira fase é presentar publicamente o proxecto do Foro e chamar á participación xeral.
As persoas que queiran asistir ao Foro poden inscribirse enviando un email a burlanegraforonegro ARROBA yahoo.com.br ou a foroburlanegra ARROBA yahoo.es,a efectos de aforo do Instituto Galego de Información.
O prazo de inscrición péchase o 14 de novembro.
Mais ademais de asistir de forma presencial, Burla Negra quere activar un debate xeral sobre o Estado da Cultura Galega -propostas e alternativas-, para o que a Plataforma Burla Negra recollerá as aportacións de quen quixer participar no proxecto.
A forma de comunicación co Foro nesta primeira fase terá lugar a través dos correos electrónicos
burlanegraforonegro ARROBA yahoo.com.br
foroburlanegra ARROBA yahoo.es
Os textos recibidos servirán como aportacións para a conformación dos contidos e metodoloxía do Foro Negro.
Dous serán os temas centrais do encontro: Enviade as vosas propostas arredor destes asuntos.
1. Temáticamente, Burla Negra propón o traballo sobre dous focos axiais:
a. A Plataforma contra a Burla Negra: expectativas, organización, futuro.
b. Futuro da criazón cultural en Galiza: alternativas e propostas.
2. Metodoloxía da participación e organización do Foro Negro.
Podedes enviar suxerencias sobre outros temas e propostas sobre o Foro Negro: quen debería participar, como se debería organizar o traballo, temas para mesas de traballo, (dereitos de autor/a, relacións entre creadores/as e administración, entre criadores/as e empresa, formación, investimentos, participación nos orzamentos culturais, criazón de infraestruturas, asociacionismo cultural, perda de identidade e lingua, etc).
As persoas interesadas nun contacto máis directo poden acudir ás reunións abertas da Burla Negra, todos os martes ás 19.00 no local de Burla Negra-Nunca Máis (Rúa do Franco, nº 10, 1º andar, Santiago.
Segunda fase: RECOLLIDA DAS APORTACIÓNS E FECHE DO PROGRAMA. (A partir do 20 de outubro.
Terceira fase: FORO NEGRO, 22-23 de novembro.
correo-e:: burlanegraforonegro ARROBA yahoo.com.br
Página :: http://burlanegra.org |