Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Abril»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: pobles i cultures vs poder i estats
Internacional: A FPG perante o alto ao fogo de ETA
29 mar 2006
Coa declaración de alto ao fogo de ETA, ábrese un novo período histórico.
A declaración de "alto ao fogo permanente" anunciada por ETA, e que deu comezo ás 0,00 horas do día 24 de marzo de 2006, ten moita máis transcendencia do que parece.
euskal_presoak_jpg.jpg
A FPG perante o alto ao fogo de ETA
A declaración de "alto ao fogo permanente" anunciada por ETA, e que deu comezo ás 0,00 horas do día 24 de marzo de 2006, ten moita máis transcendencia do que parece.

Se a consecuencia máis inmediata vai ser a ausencia da violencia armada xerada durante décadas arredor do conflicto vasco, non menos importancia vai ter o novo escenario político que se abre.

No máis inmediato, esperamos que Batasuna recobre o seu status normal e que poida intervir en política sen ningún tipo de limitación. Se a FPG manifestou no seu día a súa oposición á ilegalización de partidos, coa mesma razón reclamamos hoxe o cese da represión ideolóxico-política sobre unha importante porción do pobo vasco.

Para o futuro a medio prazo, desaparecida a coartada de ETA, xa o goberno español non poderá recorrer a ese argumento para negar o debate e a apertura dun proceso de profundización democrática e de auténtica reestruturación do Estado español.

Na FPG temos a idea de que Cataluña foi a gran sacrificada neste momento histórico. O goberno Zapatero non podía, seguramente, acometer de forma simultánea a aprobación dun Estatuto de autonomía de gran calado como o que aprobara o Parlamento desa nación. Presentóusenos a idea de que: ou ben Zapatero recuara nos seus posicionamentos, cedendo ante as presións internas do propio PSOE e mais da dereita, ou, efectivamente, a apertura de negociacións con ETA obrigáballe a presentar unha imaxe gubernamental de maior moderación, o que conseguiu fotografándose con CiU e dando as costas a ERC.

En todo caso, a declaración de ETA abre un período histórico. Zapatero e o PSOE foron quen de xestionar a victoria electoral de hai dous anos con afouteza. Así debe ser recoñecido. A orde de retirada das tropas do exército español de Iraq, aínda que manteña a súa presenza en Afghanistán e mais en Haití; a celebración das sesións de debate nas Cortes sobre o modelo territorial no Estado, forzadas pola presentación do Plan-Ibarretxe e do Estatut; e mais esta apertura de negociacións con ETA, significan un cambio moi importante na política española.

Pero, sobre todo, debemos dicir que ningunha destas decisións houbese chegado a producirse sen a mobilización popular contra a Guerra, sen o protagonismo do independentismo catalán e sen o papel da esquerda abertzale, que xogou un papel determinante; e, dentro dela, do movemento obreiro. Os sindicatos LAB e ELA, cos seus respectivos dirixentes en primeiro plano, teñen realizado grandes mobilizacións e inxentes esforzos pola superación da política de violencia armada no conflicto vasco.

E queremos dicir máis: As informacións que chegan sobre os mecanismos que facilitaron as negociacións que deron lugar a este alto ao fogo falan do recurso á intermediación de militantes do movemento republicano irlandés. Onde quedan as manifestacións de negación de calquera semellanza sobre as situacións en Euskadi e en Irlanda? Onde toda a propaganda sobre o carácter non-político das actividades de ETA? Por que, logo, interveñen os primeiros ministros de Inglaterra e de Irlanda?

Reflexionemos, finalmente, sobre o carácter da tregua. Trátase dun alto ao fogo, ou sexa, dunha paralización da actividade armada. Pero a vida continúa, e isto non quere dicir en absoluto que a situación socio-política que deu pé á creación do Movemento de Liberación Nacional Vasco desaparecese; as nacións vasca, catalana e galega existen e moitos vascos e vascas, moitos cataláns e catalanas, moitos galegos e galegas consideramos necesario o exercicio do dereito de autodeterminación nos nosos países, e aí seguiremos esforzándonos por conseguilo. Supérase a situación de enfrontamento armado, pero que ninguén pense que desaparece o movemento independentista, que ninguén pense que deixamos de considerar necesario o socialismo como sistema de organización da sociedade.

Queda agora o balón no tellado, da banda duns Estados, español e francés, que moito levan fachendeado de democracia e de talante. Que se demostre.

Mentres, en Galicia levantamos a nosa copa por unha feliz resolución do proceso de paz aberto e por un horizonte de progreso para os traballadores e as traballadoras, auténticos protagonistas e facedores da historia.



En Compostela, a 26 de marzo de 2006.

A Dirección Nacional da FPG.


info ARROBA frentepopulargalega.org
http://www.frentepopulargalega.org

This work is in the public domain

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more