Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Abril»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
  01 02 03 04 05 06
07 08 09 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Veure comentaris | Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: guerra
Antes os exércitos estamos espid*s. Acción nudista contra o desfile militar
22 mai 2005
ANTE OS EXÉRCITOS ESTAMOS ESPID*S
ACCIÓN NUDISTA CONTRA O DESFILE MILITAR
Sábado 28 maio, 14:00 h., Parque Monte San Pedro (A Coruña)
Parada nudista contra o desfile.bmp
ANTE OS EXÉRCITOS ESTAMOS ESPID*S
ACCIÓN NUDISTA CONTRA O DESFILE MILITAR
Sábado 28 maio, 14:00 h., Parque Monte San Pedro (A Coruña)

Ante os exércitos, expresión da violencia absoluta, as persoas experimentamos unha indefensión igualmente absoluta. Como metáfora desa indefensión absoluta, interporemos os nosos corpos espidos, plenamente vulnerábeis, deseñando o lema ‘NON AO DESFILE’, nunha acción que será retratada por vári*s fotógraf*s galeg*s e o fotógrafo portugués que traballa co nome artístico de Luther Blisset.

    Os exércitos son unha lembranza dun pasado imperfecto. Desde que unha soa arma ten a posibilidade de acabar co Planeta no seu conxunto, os exércitos se convirten en algo plenamente superfluo. Asemade, na orde imperial na que vivimos, os exércitos dos ‘estados-nación’ son a mellor imaxe da prescindibilidade. Un gasto social sen función algunha.

    Sen embargo, os exércitos son algo máis que obsolescéncia pura. Son a institución que maior grao de violencia ten conxugado ao longo da História. Coas súas armas do presente, son a expresión da violencia absoluta. Se ben no plano imperial son unha ferramenta capital de construción da orde do capitalismo global oligárquico, no plano do ‘estado-nación’ continúan constituíndo-se como acumuladores e difusores de valores contrários á liberación humana: a xerarquia, a obediencia acrítica, o sexismo-patriarcalismo-heterosexualidade, o control social, a imposición de determinados marcos territoriais-fronteirizos.

    Se ben os exércitos dos ‘estados-nación’ están nunha crise evidente –ver taxas de alistamento no exército profesional-, a sensación que frente a eles experimenta a cidadania non é simplesmente a desafeción. Como expresión simbólica da violencia absoluta, as persoas atopamo-nos frente a eles nunha situación de indefensión absoluta. Por iso ante os exércitos estamos espid*s, porque frente a eles non hai armas, só os nosos corpos, sen engadidos, de seres que rexeitamos a orde imperial, en todas as súas ramificacións territoriais. Igualmente indefens*s estamos ante os fenómenos que acompañan estas festas militares, sinaladamente os dispositivos de control social intensivo que levamos semanas vivindo na cidade, un control social que é cada vez más constante, continuo e ubicuo, e, frente aos sanos mecanismos de xestión da convivencia que toda sociedade ten, crecentemente sustentado en dinámicas policiais.

Esa indefensión e ese rexeite é o que imos expresar na acción do sábado 28 maio, coincidindo coa celebración na cidade da Coruña dos actos militares do dia das forzas armadas. Diremos máis unha vez que ningún exército garante a seguridade ou –menos aínda- a xestión pacífica dos conflitos.

ASEMBLEA ABERTA CONTRA O DESFILE MILITAR

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Antes os exércitos estamos espid*s. Acción nudista contra o desfile militar
22 mai 2005
Ben fet Gallecs tots junts destruireme spaña

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more