Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Agost»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
        01 02 03
04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: ecologia
A realidade do Prestige dous anos despois
12 nov 2004
CINCO PREGUNTAS SOBRE O FUTURO DE NUNCA MÃ?IS

ENTREVISTA A XELÃ?S DE TORO
BURLA NEGRA

2 ANOS DO AFUNDIMENTO DO PRESTIGE

CINCO PREGUNTAS SOBRE O FUTURO DE NUNCA MÃ?IS

ENTREVISTA A XELÃ?S DE TORO

Xelís de Toro, escritor e artista polihédrico, galego de Brighton, contesta ás cinco preguntas en cuestión


1.QUE PENSAS QUE FOI O QUE FIXO QUE A XENTE SE SENTISE PARTE DE NUNCA MÃ?IS? QUE CRE QUE SIGNIFICA NUNCA MÃ?IS PARA ESA XENTE?

Nunca máis foi capaz de darlle voz clara e independente a un sentir popular que non estaba sendo expresado por ningún outro medio. Convertiuse nunha ferramenta que permitiu que a xente pasase de ser vítima pasiva a ser protagonista.

2.EN QUE SITUACIÓN CONSIDERAS QUE SE ATOPA A PLATAFORMA NUNCA M�IS AGORA?

Da a impresión que está nun impasse. Non foi capaz de convertir ese movimento de entusiasmo activo nalgo que teñas visos de continuidade. Sen embargo non creo que sexa imposible conseguir retomar ese espíritu crítico e que podía seguir a ser un referente na sociedade galega.

3.QUE SENTIDO LLE VES � CONTINUIDADE DA PLATAFORMA NUNCA M�IS? PENSAS QUE É NECESARIO ACTUALIZAR OS OBXECTIVOS E AS LIÑAS DE ACTUACIÓN DA PLATAFORMA NUNCA M�IS M�IS AL� DO PRESTIGE?

Si penso que é necesario actualizar os obxectivos. Para moitos o que pasou co Prestige ademáis de un desastre ecolóxico, social e humano foi un desastre democrático. Só nunha sociedade non democrática, que non ten mecanismos de control independentes, os nosos gobernantes puideron actuar con tanta impunidade.

4.QUE PAPEL CONSIDERAS QUE DEBERÃ?AN TER O PARTIDOS POLÃ?TICOS EN NUNCA MÃ?IS?

Eu creo que os partidos políticos non deberían ter ningún papel en Nunca Máis. E creo que Nunca Máis non debería ter ningún papel na política de partidos. O traballo de NM debería ser un traballo noutra política, na única política que interesa nestes momentos en Galicia, autoorganización social, debate independente, crear redes independentes de movimentos sociais, etc. actuar con espíritu crítico e independente, o papel de NM debe ir dirixido a crear democracia en Galicia, exercéndoa, non pedila senon exercela.

5.QUE FACEMOS CON NUNCA MÃ?IS?

A pregunta anterior sinala un pouco o que creo que debe facer NM. Convertirse nunha corrente social independente fora da política de partidos que estimule a democracia activa desde abaixo, que axude a crear correntes de opinión crítica, debate social, e cando sexa necesario tratar de aglutinar de novo a sociedade pola defensa do ben común. Neste momento, construir unha sociedade democrática me parece o mellor paso adiante.


Més informació:

www.vieiros.com

This work is in the public domain

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more