|
Notícies :: criminalització i repressió : especulació i okupació |
Comunicado ante el cierre del CSA Mil Lúas de A Coruña
|
|
per Rizlinha Correu-e: rizlinha@hotmail.com |
11 jun 2004
|
Hoxe convocamos unha rolda de prensa na que nos acompañaron diversos representantes de colectivos da cidade pero non a prensa, que parece participar dun boikote ás nosas reivindicación, menos mal que temos outro medios!! |
|
PECHE CSA MIL LÚAS:
STOP NEGACIÓN ESPACIOS PARTICIPACIÓN SOCIAL
O CSA Mil Lúas é un proxecto social xurdido a fins de 1999, e que hai dous anos e medio tomou corpo no coñecido espacio físico da esquina das rúas Orillamar e Javier Fonte. Alí se teñen desenvolvido centos de actividades culturais e sociais, coa participación de centos de persoas, na procura dun espacio de creatividade rebelde, de imaxinación e construcción dun mundo distinto. Estes dous últimos anos teñen sido tamén de hostigamento por parte do concello, que pechou ML en febreiro ‘03, e que, tras a reapertura en marzo ’04, que seguiu a un ano de obras de acondicionamento, non ten deixado respiro, ata o segundo -e definitivo- peche deste 7 de xuño. Como suposto determinante operan as reiteradas denuncias dun veciño que, de puro agresivas e carentes de lóxica, nunca terian obtido eco de non caer nun ámbito tan dado ao control disciplinario como a sección de Aperturas da concelleiria de Urbanismo.
Estamos ante un acto autoritário, pola forma en que se realiza: o concello (Urbanismo) nunca aceptou diálogo algún; a diferencia de tantos outros grupos sociais, nunca se nos recibiu. Como colofón desa política autoritária de non recoñecemento da existencia deste proxecto, o precinto do local se realiza sen a notificación legalmente prevista, sen a fundamentación da medida, sen presencia de membros do centro, e sen a posibilidade de retirar as pertenzas particulares.
Estamos ante un acto autoritário, polo seu contido: o concello obstina-se en negar a nosa existencia como centro social autoxestionado, obrigándo-nos a obter licencia como un local de hosteleria con ánimo de lucro. ML non é, nin vai ser nunca, un pub. Se o concello se obstina en regular todos os espacios do social, ten que incluir outras formas de agregación diferentes do ocio hosteleiro. E tratar a todos por igual: o Circo de Artesanos e os locais sociais das parroquias, que teñen, licencia de disco ou de pub?
É unha medida propia dunha institución autocrática. Autócrata no s. XXI é o goberno que cre que co voto de 30% dos habitantes da cidade cada catro anos ten un cheque en branco para disciplinar toda a vida social no seu modelo mercantil de cidade. Autócrata é o goberno que nega durante dous decenios garantias de participación social para acabar facendo –obrigado- un regulamento á medida do seu oligopolio. Autócrata é quen pecha espacios sociais de creatividade como ML.
Un concello que sustitúe o diálogo polo autoritarismo nos vai ter sempre enfrente. Como miles de suxeitos desta cidade, nós, millueir@s, en Orillamar ou en calquera outro lugar, hoxe e no futuro, nos vamos a opoñer contra calquera institución que se obstine en controlar e negar os espacios de participación social.
A vindeira semana comezamos unha campaña de accións que, máis que denunciar un peche grotesco de tan autoritário, vai contextualizar a negación dos espacios de participación social no marco dun modelo de cidade crecentemente privatizado. Nesa liña, temos convocada unha xuntanza o martes 15, ás 20’00, no Bar Alfaiate (Campo da Leña [Prz. España], 20) cos colectivos e persoas cos que imos artellar este espacio de auto-organización do social.
GAME OVER |
This work is in the public domain |