A les 00:20 del 25 d'abril de 1974 Rádio Renascença
començava a fer sonar aquesta cançó. Era la
senyal. El Movimento das Forças Armadas es posa en marxa. Es
l'inici de la Revolució dels Clavells.
Extret de
www.vieiros.com
SAUDADES, NOSTALXIA E ANSIEDADES DUN 25 DE ABRIL DE 1974
Otelo Saraiva de Carvalho: "os grandes
obxectivos foron conseguidos"
[20/04/2004 11:27] De
visita na "república de Oleiros", un dos grandes protagonistas
da
revolución de abril concédelle uns minutos a Vieiros para
facer balanzo
daqueles días. "Confiamos no pobo?", "Confiamos", di un
Otelo
optimista que non esquece subliñar que a revolución puido
ser máis perfecta na medida en que gañase "máis
poder para o pobo".
Trinta anos despois, que
lembranza, que escena, ou que palabras lle acoden á mente cando
pensa
no momento máis importante que viviu por aqueles días?
Son palabras de orgullo por ter participado nese momento tan decisivo.
Na consecución do que algún día podía
parecer unha utopía. Nostalxia
tamén, saudades da marabilla daqueles días nos que
descubriamos outra
vez o noso propio país. Intres de felicidade pola
transformación que
estaba a acontecer. E ansiedade, vivida aquela noite no posto de mando,
da Pontiña, agardando o decurso dos acontecementos. Ata que
á fin, o
cumprimento dun soño dende mozo e a esperanza de que todo
ía mudar.
Máis é certo, sen aínda estar na conta da
dimensión en que o faría.
Por que naquel momento, aquel 25 de abril, e non antes ou depois,
vostede mesmo dixo que lle tivese gostado participar nun golpe contra
Salazar?
Exactamente. Pero non se tiñan creado condicións. Por
razóns diversas
fracasaron os intentos anteriores. Tiñamos consciencia da forza
que
tiña o rexime. Teríame gustado poder participar no
derrube do rexime de
Salazar. Mais daquela non se daban as condicións precisas.
Aínda non.
Nascer en Mozambique influiu em sua atitude naquel momento,
tería existido un 25 de abril sen guerra colonial?
Non tería existido. Iso crea as condicións para o
movemento que se
estende e o propio cambio sociolóxico dentro do exército.
Reuníronse
todas as circunstancias necesarias para esa reacción colectiva.
A
intención de seguir reclutando para a guerra levou á
reacción final.
Tamén o sentimento duns militares apartados por un goberno que
quería
manter a toda costa a guerra colonial. Os irmáns mortos en
Mozambique,
Guiné ou Angola, o descontento no exército. Todo iso fixo
a revolución
posíbel.
Escribiuse que Portugal, fóra de Lisboa, vivía entre o
fado, Fátima
e o fútbol, definindo certa resinación e desconfianza no
pobo…
Había un descoñecemento moi grande da realidade.
Sofríase no silenzo.
Fóra dos centros urbanos as condicions eran distintas, a
dictadura era
outra, o labor da policía fascista tamén. Nos grandes
centros: Lisboa,
Porto, Coimbra... había uns movementos artellados fortes, un PC
forte,
non se facían notar do mesmo xeito os caciques locais, a igrexa…
Saramago insistiu varias veces na idea de que sen o 25 de abril,
Portugal estaría hoxe en democracia, coma España...
Mais en que democracia? Non conconcordo con esa idea. Pensemos nos
niveis de miseria xa naquel tempo e a que extremos teriamos chegado en
pouco tempo de seguir baixo esa situación: dous tercios dos
orzamentos
ás forzas armadas, o analfabetismo, a pobreza, o illamento ao
que
estabamos sometidos…
Vostede ten dito que a capacidade de intervención das masas e
a
madurez política emerxente xustificaron a súa forma de
actuar, segue
pensando hoxe así?
Penso. Mais podemos confiar nas oportunidades para a
mobilización
social, para a conformación das alternativas. Tamén por
iso loitamos e
abrimos camiño. Houbo erros, posibilidades… O contexto é
outro hoxe,
integrados na UE, nun mundo con outras características.
Existía a
semente progresista pero non se deu o paso revolucionario. Pero o pobo
tornou a sentirse protagonista da vida política, malia que esa
implicación evolúa cada vez cara unha
participación menos activa.
Mais o balanzo é positivo entón?
Tremendamente positivo. Acadamos a liberdade. Iso era o gran obxectivo.
O programa político que arelabamos, nas súas grandes
liñas, foi
conquerido. Liberdade, dignidade, un rexime político
democrático. Aínda
sen esquecer que se puido virar cara outro modelo de sociedade, non
podo facer máis que un resumo positivo do paso do tempo.
Puxéronse as
bases para o desenvolvemento do país, acadamos a
descolonización... Iso
si, outros obxectivos quedaron freados: as clases sociais máis
favorecidas seguen acumulando privilexios, existen necesidades sociais
que non foron consideradas abondo, mais as coindicións de vida
melloraron e a viraxe foi significativa...
E non queda un certo desencanto polas oportunidades abertas que se
perderon no camiño, a cesión de espacios e
posibilidades...? Vostede é
optimista cara o futuro?
Son moi optimista. Considero que en anos chegarán outras
conquistas,
artelladas arredor da convicción de que é necesario
máis protagonismo
para os traballadores nos ámbitos do poder. Porque as
revolucións
sempre son lentas e agora máis. Pero non son pesimista. Fomos
derrotados nese camiño, pero daquela puidemos ir máis
alá, cara unha
democracia máis directa.
Os paus da historia, o cárcere e o ser cualificado tanto de
heroe
coma de vilán, non lle fixeron perder a Otelo o optimismo, ao
tempo que
se gaba do respecto e o cariño que lle ten o pobo
portugués.
Confiamos no pobo
Confiamos.