|
Anunci :: ecologia |
A Acción Man chega a Compostela (GZ)
|
|
per andar21 |
12 abr 2004
|
O vindeiro mércores 14 de abril a Asemblea contra a Burla negra organiza unha acción de homenaxe a Man, artista da Costa da Morte que morreu anoxado pola marea negra do Prestige. |
|
O vindeiro mércores 14 de abril a Asemblea contra a Burla negra organiza unha acción de homenaxe a Man, artista da Costa da Morte que morreu anoxado pola marea negra do Prestige.
>>>A revista poética en rede andar21.net ten aberto un espacio para que achegues a túa palabra se é que desexas colaborar e non podes acudir á convocatoria de Compostela. Só tes que escribir ou pegar antes do mércores o texto no formulario que dispuxemos baixo a convocatoria e nós trasladaremos a túa mensaxe, poema, conto (...) á Libreta de Man.
Saúde!
http://andar21.net
>>>Convocatoria:
A Asemblea contra a Burla Negra convócate o día 14 de abril no pub Casa das Crechas para que sumes a túa creatividade na construción dun obxecto artístico reivindicativo. O Colectivo aberto Man por Man, nacido o 3 de xaneiro do 2004 coincidindo co cabodano de Man en Camelle, convídanos a participar na súa primeira Acción Man chamada "Libreta a man".
En xaneiro puxo a circular varias libretas de man en man para recoller nas súas follas a sensibilidade cultural e creativa, do mesmo xeito que facía o aleMan cando entregaba libretas aos visitantes do seu museo en Camelle.
Esta libreta que navega co vento dos pulsos dende Camelle ao País Vasco sen esquecer a Coruña, Ourense, Madrid, Barcelona ou Lisboa nun total de 12 percorridos, recala en Santiago o vindeiro mércores 14 de abril ás 21:30 no pub As Crechas.
Burla Negra pide a túa colaboración. Trátase de que traias todo o teu pulo creativo e plasmes a túa mensaxe na libreta. Poemas, debuxos, fotografías, cancións ou relatos para unhas follas que demandan ser enchidas de vida en memoria de Man e en reivindicación do noso mar. Serán palabras escritas para o papel pero tamén podes traer os teus textos para recitar co fin de facermos do encontro unha homenaxe a Man e unha chamada de atención dun litoral que aínda segue a sufrir a ameaza do fuel.
Esa noite, todos e todas contribuiremos a dar pulo a unha cultura viva tal e como Man de Camelle a concibiu e con isto sumámonos aos esforzos do Colectivo Aberto Man por Man para que o futuro museo non sexa un mausoleo senón un espazo dinámico, polivalente e respectuoso co medio e coa obra do artista.
As libretas serán un legado colectivo para o Museo de Man, que queremos sexa un museo vivo e, por extensión, reivindicamos tamén unha Costa da Morte culturalmente viva.
Para participares non tes máis que achegarte a noite do mércores 14 de abril ás Crechas a partir das 21.30 e deixar a túa mensaxe na libreta.
¡Agardámoste alí!
Burla Negra |
Mira també:
http://andar21.net |
This work is in the public domain |