|
Notícies :: antifeixisme |
CONFESIÓNS DUN FUNCIONARIO DE PRISIÓNS
|
|
per mrk Correu-e: mrk ARROBA mail.com (no verificat!) |
05 abr 2004
|
Qué está a pasar tralos muros dos cárceres? |
CONFESIÓNS DUN FUNCIONARIO DE PRISIÓNS
A Nosa Terra, 19-2-4
A miña experiencia penitenciaria. Bonxe, Tenerife II e Pereiro de Aguiar
RAMÓN COIRA
O testemuño dun funcionario de prisións de esquerdas que reivindica a importancia do seu traballo nun ambiente marcado pola agresividade, a violencia e certos xeitos totalitarios.
Tras non conseguir aprobar oposicións para profesor de Historia, preparei as de funcionario do Corpo de Axudantes de Institucións Penitenciarias e conseguÃn unha praza pouco despois. Era o ano 1989, xusto no intre no que a ETAacababa de facer público un comunicado no que declaraba obxectivo militar os funcionarios de prisións.
Eu relacionárame durante os estudos en Santiago con xente de esquerdas e estaba afeito a un ambiente liberal e dialogante. Por iso, cando en febreiro do 90 entrei na cadea de Bonxe o contraste foi brutal. HabÃa moitos fascistas traballando como funcionarios, algúns declarados e outros que non o manifestaban pero que o eran na práctica. HabÃa funcionarios que a tÃtulo individual eran boa xente e traballaban impecabelmente, pero non estaban organizados.
Por iso, dous compañeiros da CIG, un rapaz de León e máis eu fixemos unha revista na que intentabamos defender unha filosofÃa de traballo oposta á que alà se levaba a cabo maioritariamente. DicÃan os presos que aquilo era un primeiro grao camuflado e tiñan razón. HabÃa moita tensión nas relacións cos presos, moito autoritarismo innecesario, moitas tensións tamén entre o plantel, polo que realmente actuabamos á defensiva, buscando apoios para facermos un
espazo e foi moi útil o apoio da dirección do cárcere. Traballaban alà un equipo da Cruz Vermella cun programa de desintoxicación de drogodependencias e habÃa unha actitude moi hostil con eles por parte dun sector maioritario do funcionariado. Nós optamos por defendelos, facendo un pouco de colchón amortecedor. Defendiamos un ambiente máis distendido de traballo e a potenciación dos estÃmulos positivos, fronte á represión pura e dura. Ter uns calcetÃns tendidos na fiestra podÃa supoñer un parte de vinte ou trinta dÃas de privación de paseos. Os recontos na cela habÃa que pasalos erguido da cama, en caso contrario era tamén motivo de parte pola comisión dunha falta grave. Nos cacheos integrais, que se podÃan facer por calquera motivo arbitrario (ás veces por represalia ilÃcita) podÃas exixirlle
ao interno que erguese os testÃculos e fixese flexións diante túa. Os internos, ás veces, reaccionaban con agresividade e o ambiente envelenábase. Até por ser “permisivoâ€? tiñas disputas con este tipo de compañeiros. HabÃa pelexas entre internos. HabÃa autolesións, requestas, plantes... e non era raro solucionar os conflitos vÃa expeditiva, mandando un preso ao illamento e esposándoo á cama se daba a lata. As sÃndromes de abstinencia pasábanse a pelo. Non se daba metadona, non se daba medicación máis que en casos xustificados e, claro, a xente buscaba colocarse a toda costa. A SIDA facÃa estragos. Canto máis duro e estrito fose un funcionario máis “profesionalâ€? era. Un xefe de Servizos podÃa chegar borracho e ir a unha cela a cachear un interno sen motivo e non pasaba nada. Nos cacheos podiamos deixarlle a cela patas arriba ao interno. AÃnda asi, por se acaso algunha vez se estimaba un recurso, a hostilidade cara aos xuÃces de Vixilancia, a prensa e polÃticos era tremenda. Moitas normas eran ilegais e nós sentiámonos acosados. O réxime disciplinario dos funcionarios era tamén bastante estrito pero a “profesionalidadeâ€? case nunca se reprimÃa.
Baste con dicir que en dous anos que estiven alà en prácticas fixen ou asinei máis partes que en todos os anos restantes. E tamén quero dicir que era máis doado ser brando falando en castelán que falando en galego. Porque o galego, con frecuencia, ten que demostrar a súa lealdade e ao castelán xa se lle presupón. O idioma podÃa ser tamén fonte de conflitos. E falar en galego non estaba ben visto, a non ser que foses máis “profesionalâ€? ca eles. OÃn contar que un compañeiro viu como outro lle pegaba a un interno e el separounos, o que motivou que varios funcionarios se lle botaron enriba, abouxándoo verbalmente posteriormente.
Aquela prisión non se consideraba das peores e oÃn comentarios de prisións como Puertode Santa MarÃa, Daroca... que me poñÃan os pelos de punta. Motivo polo que me considerei moi afortunado cando á hora de pedir traslado, fun destinado ás oficinas do centro penitenciario Tenerife II. E alà foi onde, polo contexto e circunstancias, me fun indignar.
Cando a ETAatentou contra un funcionario de prisións en Martutene, instalouse un clima de vinganza entre os compañeiros. Ouvinlle comentar a un tal Virxilio que ben podiamos envelenarlles a comida aos etarras alà pechados. E, de feito, os presos desconfiaron e negábanse a comeren na bandexa a non ser que llela servisen na súa presenza.
Eu non quero presumir de ser o mellor funcionario nin a mellor persoa que habÃa alà porque serÃa falso. Agora que si pode que fose o que tivese as ideas máis claras e, ao mesmo tempo, o máis covarde. Para intentar xustificarme poñerei un par de exemplos do que se podÃa escoitar alà nunha conversa normal. DicÃa, por exemplo, un tal Carballo que na prisión vella de Lugo unha vez sacara unha interna da cela, déralle unha ducha e violáraa. Eran a vella garda e case todos tiñan pistola. Hoxe agardarán tranquilamente a súa xubilación como mandos intermedios da Administración Penitenciaria.
En Tenerife habÃa un director que eu considero fascista. Dáballes corda a un grupiño selecto de nazis, entre os que destacaba un Xefe de Centro que até saÃra na prensa. Nin me lembro do seu nome. Os etarras en Tenerife eran moi belixerantes e habÃa tres internas que se negaban a ser cacheadas manualmente ao sairen e entraren na cela. As funcionarias estaban obrigadas a facelo pola forza. Até que un dÃa catro delas se reviraron e se negaron a facelo máis. O director intentou expedientalas pero non se atreveu.
Finalmente acabei en Pereiro de Aguiar que, con todo o que se pode criticar dela, é a mellor cadea que coñecÃn. Eu sempre tiven certo afán de protagonismo e de facerme notar porque o prestixio do funcionario de prisións estaba á altura do betume e coido que é conveniente defendermos o noso papel desde o que eu considero unha postura progresista, como un xeito de facernos cun espazo dentro e de atraer a maior xente posÃbel ás nosas posicións.?
RAMÓN COIRA LUACES é funcionario de prisións na cadea de Pereiro de Aguiar
--------------------------------------------------------------
A Nosa Terra, 26-2-4
Rectificación de Ramón Coira
No artigo asinado por min no nº 1.116 d'A Nosa Terra, "A miña experiencia penitenciaria. Bonxe, Tenerife II e Pereiro de Aguiar" non deberÃa ter citado nomes, pois non estou en absoluto seguro da autorÃa dos comentarios alà referidos, nin tampouco podo asegurar que non se tratasen de algo máis grave ca simples bravatas. Os funcionarios de prisións temos un sentido do humor moi peculiar
------------------------------------------------------------------
A Nosa Terra, 1-5-4
Nova aclaración de Coira
Sempre defendÃn que as crÃticas ás prisións e ao sistema penitenciario deben ser constructivas e levaren implÃcitas a defensa de reformas ou un sistema penitenciario alternativos. Incidindo nos problemas estruturais como a masificación, a presenza de enfermos en prisión, as drogodependencias, etc. E non sacar a relucir asuntos morbosos, cargando as tintas no negro, sen outro obxecto que desafogarse, contando ás veces medias verdades, criticando un colectivo amplo, sen ter en conta as normas, o contexto e as circunstancias. Por iso non quedei nada satisfeito co meu artigo "A miña experiencia penitenciaria... " (feito nun momento no que tiña a moral bastante baixa) e publicado no número 1.116 d'A Nosa Terra e que deberÃa ter pulido para non levar ao papel as miñas fobias e frustracións persoais. |
This work is in the public domain |
Re: CONFESIÓNS DUN FUNCIONARIO DE PRISIÓNS
|
per LAIA laia_alarcon@hotmail.com |
21 oct 2004
|
NO TENGO CLARO SI ESTOY MANDANDO EL EMAIL AL SITIO M�S ADECUADO. SOLO QUERIA DECIR QUE ME GUSTARIA DEDICARME A TRABAJAR EN PRISIÓN, CREO QUE ESO ES LO QUE REALMENTE ME INTERESA.
GRACIAS. |