Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Maig»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
      01 02 03 04
05 06 07 08 09 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31  

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: ecologia
500 días após o afundimento do Prestige
02 abr 2004
500 días despois do afundimento do Prestige, a situación no litoral é moi preocupante e comezan a notarse os efectos ecolóxicos a longo prazo.

O día 2 de abril de 2004 cúmprense 500 días dende o afundimento do Prestige no Atlántico fronte ás costas galegas. Neste tempo podemos destacar unha serie de feitos a nivel ecolóxico que dan unha idea da catástrofe:
- Segue a haber unha gran cantidade de fuel no pecio e máis fuel 'perdido' supostamente en fondos (tal e como amosan as conclusións dunha das 'accións especiais' do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía) e no mar.

- Neste senso, as conclusións tiradas das nove accións especiais do programa de intervención científica poñen de manifesto o impacto da marea negra sobre diferentes comunidades e especies de interese comercial e ecolóxico das zonas costeiras afectadas, información que ía publicarse despois das eleccións xerais e que aínda non se fixo, polo que esta información está a ser furtada á opinión pública.

-Segue a chegar fuel ao noso litoral e máis ao resto do Cantábrico de xeito irregular.

- Existen en Galicia máis de 300 puntos de contaminación extrema por acumulación de fuel, particularmente no litoral comprendido entre a Punta Louro e as Illas Sisargas. Este fuel está a afectar ás comunidades biolóxicas, incluíndo a algunhas especies de interese comercial.

-Comezan a facerse patente os efectos que sobre os organismos mariños, en diferentes niveis tróficos, teñen os Hidrocarburos Aromáticos: redución da reprodución, diminución da supervivencia de crías, etc.

-En torno a 20 espazos naturais protexidos do litoral galego, fundamentalmente da Rede Natura 2000, están seriamente danados pola contaminación e polos labores de retirada do fuel.

Por outra banda, non se tomaron as medidas oportunas para evitar outra catástrofe e paliar os seus efectos (o litoral galego non é unha �rea Marítima Especialmente Sensíbel, non temos un plan de continxencia por contaminación accidental dotado de medios materiais e humanos, non están definidas as áreas de refuxio, tal e como esixe a directiva comunitaria correspondente, etc). Tampouco se coñece con exactitude onde está o fuel que falla, nin se coñece nada sobre os estudos epidemiolóxicos.

Como elementos positivos que se derivan do afundimento do Prestige, hai que destacar a mobilización cidadá a prol do medio ambiente, certos labores (non todos) de retirada do chapapote e a creación da Comisión sobre Seguridade Marítima MARE, no Parlamento Europeo na que ADEGA está a xogar un importante papel, e que é esperanazadora para a seguridade do litoral europeo nos próximos anos.

Máis información no especial sobre o Prestige da web de ADEGA (www.adegagaliza.org)


#6028

This work licensed under a
Creative Commons license

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more