Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: guerra
Acción antimilitarista de los GUERRILLEIR@S LÚDIC@S
08 feb 2004
Os Guerrilleir@s Lúdic@s desénvolvemos outra das nosas accións, desta volta de cariz antimilitarista. Facendo unha parodia sobre as “forzas armadas� realizouse un desfile militar, cánticos castrenses, maniobras militares, ataques a posibles terroristas, centro de reclutamento, etc.
GUERRILLEIR@S LÚDIC@S.
Nota de prensa sobre a acción
antimilitarista do 7 de febreiro do 2004.

    Onte, sete de febreiro, un exército “laureadoâ€? e “poderosoâ€? desfilou pola rúa Barcelona, mostrando as grandes ventaxas e capacidades dun exército.
   
    Os Guerrilleir@s Lúdic@s desénvolvemos outra das nosas accións, desta volta de cariz antimilitarista. Facendo unha parodia sobre as “forzas armadasâ€? realizouse un desfile militar, cánticos castrenses, maniobras militares, ataques a posibles terroristas, centro de reclutamento, etc.

O obxectivo da acción foi mostrar a nosa maior respulsa ós exércitos e ás guerras (dende as máis coñecidas ata aquelas que non saen á luz).
Esiximos que se paralicen todas as guerras, conflictos armados, etc. Ademáis reivindicamos que os estados deixen de aumentar os fondos económicos destinados a usos militares ou investigación militar.
Polo tanto queremos que as tropas aliadas abandonen Irak, que o goberno do PP deixe de aumentar o gasto militar, etc.

Ademáis non esquecemos o noso obxectivo fundamental que é o de reivindicar a festa, a parranda colectiva, a liberdade para as nosas rúas, etc.

Tamén acadamos outro dos nosos obxectivos: implicar á xente na acción e no funcionamento do Guerrilleir@s Lúdic@s.

En poucos días informaremos das próximas accións.

Se tes ganas de xoula e cres que o mundo vai de cú, eres un Guerrilleir@ Lúdic@, aínda que non o saibas.

GUERRILLEIR@S LÚDIC@S
619345100 – pedrobrandariz ARROBA telefonica.net
Sindicato Sindicat