Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Març»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
          01 02
03 04 05 06 07 08 09
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: altres temes
Festa pola reapertura do CSA Mil Lúas.Venres 24
23 oct 2003
Participa na Festa da Lúa Nova que terá lugar o vindeiro Venres 24 a partir das 22:00 h. en O Temple (Cambre) debaixo da ponte da autopista. Cabaret, Concierto, Sesión de Dj´s; Postos de comida, artesanía, coiro, xogo de luces,..... E MOITA FESTA!!!
Participa na Festa da Lúa Nova que terá lugar o vindeiro Venres 24 a partir das 22:00 h. en O Temple (Cambre) debaixo da ponte da autopista. Cabaret (Golden Rain) , Concierto Rock (Revolujoin), Sesión de Dj´s; Postos de comida, artesanía, coiro, xogo de luces,..... E MOITA FESTA!!!


CENTRO SOCIAL AUTOXESTIONADO
MIL LÚAS

¿Que é Mil Lúas?

Un centro social; un espacio aberto, de dinamización, participación e creación colectiva; que pretende ser unha alternativa real de construcción da realidade onde, a través da autoxestión, as persoas, en asemblea aberta, sen xerarquías, nin siglas, nin ideoloxías impostas, decidan que e como queren que sexa, con total autonomia e independencia

Un movemento heteroxéneo de inquedanzas, en permanente construcción, que traballa para dar cabida a actividades socioculturales e propiciar o cambio social.

¿Cando e por que xurde?

Hai catro anos comezou a andar este proxecto e, tras moito traballo, materialízase en marzo de 2002 na apertura dun local na zona de Orillamar, no bairro de Monte Alto en A Coruña, debido a que nesta cidade non existían espacios de debate, diálogo e participación cidadá.

¿Qué fixemos ata febreiro de 2003?

En casi un ano desenvolveuse un amplo programa de actividades:
Obradoiros: teatro, clown, malabares, tai-chi, relaxación, danza e percusión africanas, escoita musical, conversa en francés, socialización do coñecemento científico, …
Xantadores populares vexetarianos
Actuacións: musica, teatro, clown, contacontos, repichocas poéticas, …
Charlas, conferencias e mesas redondas
Asembleas de colectivos: Moucho, Cooperativas de consumo consciente,…

¿Qué pasou o 23 de febreiro do 2003?

O local é precintado polo Concello de A Coruña pola denuncia por ruido dun veciño, perxudicando gravemente a labor do centro e á multitude de persoas que, dunha forma ou doutra, participaban nel.

¿E despois…?

Non nos quedamos parad@s!!
Desde ese día vimos realizando as reformas necesarias para adecuar o local e cumplir a normativa i evitar calquera tipo de molestia á veciñanza.

Asímesmo sacamos as actividades do centro social ás rúas (Folga de Arte no Campo da Leña, San Xoan e outras festas na Praia das Lapas,…) para mostrar á cidadanía a nosa intención de seguir con este soño.

E participamos activamente nas reivindicacións e loita contra a Guerra e o Chapapote que promoveu o colectivo Redes Negras e que se plasmou na consecución da ocupación dun espacio público e a súa dinamización mediante a Acampada do Parque Europa (A Coruña)

¿Qué podes facer ti?

Colabora con nós sendo partícipe na costrucción deste proxecto:

Participando na Festa da Lúa Nova que terá lugar o vindeiro Venres 24 a partir das 22:00 h. en O Temple (Cambre) debaixo da ponte da autopista.

Asistindo ás nosas asambleas abertas os luns as 20:45 h. no Mil Lúas en Rúa Orillamar, 36 (entrada por Javier Fonte)

Participando co teu traballo nas reformas do local.

PORQUE MIL LÚAS SOMOS TOD@S!!!
ANÃ?MATE E PARTICIPA!!

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more