|
Notícies :: globalització neoliberal : ecologia : sanitat : mitjans i manipulació : altres temes : pobles i cultures vs poder i estats : guerra |
Prestige: Comisión de investigación en Bruxelas!!
|
|
per Plataforma Nunca Máis |
23 set 2003
|
Coa aprovación do informe, cria-se unha comisión de investigación temporal e asume-se que afastar o Prestige foi a pior decisión que se podia ter tomado. A Plataforma NM recebe moi positivamente esta nova e agarda que a conferéncia de presidentes lle de o visto bon a esta iniciativa do ponente liberal Dick Sterrckx |
|
A Plataforma Nunca Máis recebe moi positivamente a aprovación do informe do ponente liberal Dick Sterckx, xa que supón a fundamental decisión de criar unha comisión de investigación temporal (despois de sete peticións da mesma no Europarlamento) e este informe apoia as teses da Plataforma Nunca Máis no tema da seguridade e transporte marítimo, asi como a necesidade inmediata de extraer o fuel que ainda permanece no pécio afundido do Prestige. Outro dos pontos fundamentais que se sinala no informe de Dick Sterckx é que a decisión de afastar o buque tomada polo Governo español foi a pior decisión das que se podian ter tomado, e esta xestión foi o desencadenante para que chegara as nosas costas a maior maré negra de Europa.
Podes ler a nova completa con ligazóns a resumos sobre o sucedido feitos nestes últimos meses con abundante información, textos fotos e vídeos.
E non esquezas visitar a páxina do colectivo chapapote |
Mira també:
http://galiza.indymedia.org/ http://www.plataformanuncamais.org/ |