Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Entrevista :: ecologia
Ignacio Ramonet fala de Nunca Máis
06 jul 2003
É, sen dúbida, un dos xornalistas e pensadores máis prestixiosos e influintes do mundo. Teórico da globalización, experto en xeopolítica e extratexia internacional, promotor do Foro Social Mundial, Ignacio Ramonet tamén é un emigrante galego. Investido Doctor Honoris Causa analisa nesta entrevista os efectos do Prestige e o movimento cidadá nacido desta traxedia. Tamén propón a súa solución para que remate a intoxicación informativa: o Quinto Poder.
"NUNCA MÃ?IS PUXO DE MANIFESTO QUE A TEORÃ?A DE PORTO ALEGRE Ã VIÃ?BEL"


Ignacio Ramonet


Ã, sen dúbida, un dos xornalistas e pensadores máis prestixiosos e influintes do mundo. Teórico da globalización, experto en xeopolítica e extratexia internacional, promotor do Foro Social Mundial, Ignacio Ramonet tamén é un emigrante galego. Investido Doctor Honoris Causa analisa nesta entrevista os efectos do Prestige e o movimento cidadá nacido desta traxedia. Tamén propón a súa solución para que remate a intoxicación informativa: o Quinto Poder.

Veñen de investilo como Doctor Honoris Causa da Universidade de Santiago de Compostela. ¿Qué representa para vostede que ten recibido tantos premios e recoñecimentos?

à o recoñeciento público dun esforzo teórico que, moitas veces, realicei moi en solitario e moi de combate. Contemplo como o recoñeciento da validez dos traballos que estiven a realizar. Ten, ademais, un significado moi particular porque a USC é unha das máis antiguas de Europa e das de maior prestixio e recoñecemento. Ademáis, é a universidade por antonomasia de Galiza. Son un galego do exterior, levo na emigración desde os dous anos, polo tanto, este doctorado é tamén unha maneira de que a propia terra che recoñeza o traballo algo sempre moi grato. Na medida en que este doctorado se me concede en Ciencias da Comunicación ten aínda un maior significado, pois estiven axudando desde o comezo á criación desta facultade e nela estive dando un seminario cando aínda era un embrión. Polo tanto, que esta facultade me dese o primeiro doctorado éncheme de emoción.

Vostede é un dos maiores teóricos sobre a globalización. ¿Como olla o papel dunha cultura minorizada como a galega neste contesto de mundialización?

A globalización conduce a unha homoxenización. O que desexa é que en todo o mundo se consuma, coma e viva da mesma maneira para vender produtos suplementarios. Polo tanto, toda cultura singular moléstalle. Por outra parte, a globalización está contra o Estado, polo que non lle interesa os estados demasiados fortes ou extensos. Daquela, ten tendencia a fragmentar os estados.

¿Non é contraditorio?

En absoluto. Acomódase perfectamente. O que tentan é que un galego, un bosnio, un basco ou eslovaco, etc, vivan como americanos. Poden ter a lingua que queiran, pero se ve películas amaricanas, escoita a Madonna, consume McDonalds, constrúa autopistas..., tanto lles ten que falen unha lingua ou outra.

O problema está a que denominamos cultura minoritaria. A lingua é un rasgo identificatorio absolutamente capital. Diría que é a nacionalidade de un. Se nos contentamos en falar unha língua exclusivamente, non chega. Unha cultura é moito maís importante. à capital ter unha cultura do territorio. Por exemplo, conservar unha paisaxe é moi importante. Por iso cando ocurre o do Prestige é un atentado contra un aspecto fundamental da identidade galega, que son as costas galegas. A paisaxe tamén nos constitúe. Por exemplo, os corsos fixeron da loita pola protección da paisaxe unha loita máis importante que a da protección da lingua. Hai que combinar todas estas cousas: a lingua, a paisaxe, a cultura, as comidas, o xeito de vivir... Non se trata de musealizar, de crear unha reserva, evidentemente, senón de preservar unha forma de cultura que estea asociada a unha modernidade, a unha creatividade, a unha singularidade.

UN MODELO DE CULTURA

¿Cal sería o modelo?

Evidentemente o xaponés. A asociación dunha concepción da ciencia e da técnica practicamente futurista coa preservación de rasgos da identidade extremadamente fortes e protexidos. A todo isto habería que engadirlle unha terceira dimensión: a popular. Afortunadamente, o nacionalismo galego ten esa característica. Niso é diferente ao catalán, que é un nacionalismo burgués e ao basco que é un nacionalismo moi marcado polo catolicismo e, en parte, marcado tamén pola fascinación pola violencia. O nacionalismo galego, sendo democrático e popular presenta proposicións que poden facer que se vaia a unha concepción que permita contrarrestar os efectos máis negativos da globalización.

¿Como analisa o movimento popular que se creou na Galiza logo da catástrofe do Prestige?

Primeiramente é preciso dicir que esta traxedia ten un aspecto positivo: Galiza coñecese agora no mundo enteiro. Esta é unha das catástrofes máis importantes que se produciron no mundo e, diría que, máis ineptas. O mundo enteiro escandalizouse pola maneira que se levou este asunto. Existiu unha imensa solidariedade internacional coa poboación galega. Os voluntarios son un xeito de entroncar Galiza co movimento social mundial. Xa había aquí grupos, pero apareceu o movimento de voluntariado, de solidariedade, estes grupos de marieñeiros movilizados... Era levar á práctica o que en Porto Alegre levabamos anos tratando de demostrar á xente. A catástrofe do Prestige hai que vela como unha manifestación da globalización: pretroleiros, egoismo, o non respeto da reglas, a comercialización de todo... à unha caricatura da globalización. A resposta foi típica do que é un movimento social.

à logo un movimento equiparábel...

Nunca Máis pódese equiparar cos agricultores contestatarios de José Bové en Francia, cos movimentos indíxenas en América Latina, cos movimentos urbanos e ecoloxistas na India, con algunhas organizacións sicilianas que loitan contra a desertificación... à a reacción típica dunha época e dun tipo de loitas. Nunca Máis non é nada do outro mundo, Galiza non está á marxe do movimento social internacional. Nunca Máis é a expresión da participación de Galiza no movimento social internacional, á gran sociedade civil global.

A REPERCUSIÃN DE NUNCA MÃ?IS

¿O tratamento recibido dos medios de comunicación tamén será semellante ao que reciben noutras partes estes movimentos?

O que máis leo de aquí é La Voz de Galicia. Penso que fixo un bó traballo na denuncia da catástrofe e en darlle dimensión ás consecuencias. Desde o exterior podíamos darnos unha idea do que pasaba aquí que, supoño, seredes moito máis críticos con esta información. O que é máis difícil de percibir desde fora é como se valorizou o movimento social, Nunca Máis concretamente.

¿E a repercusión a nivel internacional...?

O movimento de voluntariado chegou a extremos increíbeis. A manifestación de París, na que intervín, foi multitudinaria. Logo a de Bruxelas, que, ao realizarse despois das eleccións moita xente se desmobilizou, pero así e todo foi magnífica.
Podo dar testimonios persoais de que o voluntariado foi moi lonxe. Houbo miles e miles de xóvenes de Europa que viñeron aquí a traballar, sen saber cales eran as consecuencias, para axudar aos damnificados. Moitos nen sequer coñecían onde quedaba Galiza.

Falaba antes da sorpresa polos resultados electorais. ¿à algo común tamén a outros movimentos semellantes?

Cando un movimento social se manifesta con forza, non sempre ten unha tradución en votos. Esa é unha realidade. Nós seguimos con moito interese o movimento social indíxena en México: nin se traduciu en votos nin en leis que satisfagan aos indíxenas. En Francia o movimento dos agricultores tampouco se traduciu en votos.

O que ocurre é que a impresión internacional que se tiña de Galiza é que a administración do Estado se comportara dun xeito totalmente ineficaz. Por iso se pensaba que os electores podían sancionalos. Sobre todo porque ao ser uns comicios locais terían un menor coste, por ser uns eleccións onde non se cambiaba a maioría dun país. Por iso sorprenderon os resultados.

"ESTANNOS CONTAMINANDO A ALMA COA INFORMACIÃN"

Na súa investidura como Doctor falou do Quinto Poder, o dos consumidores de noticias. ¿Cómo se pode artellar este Quinto Poder nunha sociedade dependente a nivel estatal como a galega nunha etapa de globalización?

O que chamo Quinto Poder é unha faceta do movimento social mundial. O Quinto Poder no marco dos media é sinxelamente os cidadáns que se organizan para ter un mínimo de garantía de que a información que consumen é de calidade. O que estou propoñendo con este Quinto Poder é exactamente o que as organización ecoloxistas crearon hai moito tempo para garantirnos que o medioambiente vai estar protexido ou que a alimentación vai ser de calidade. Existen toda unha serie de publicacións de organizacións de consumidores que se organizan para garantir aos que son membros que o que consumen é de calidade tecnicamente ou éticamente (non fabricado por nenos, prisioneiros, etc). gustaríame que se tomase conciencia de que o que consumimos diariamente, a información, ten os mesmos problemas que a alimentación e, polo tanto, é necesario dotala dos mesmos filtros e garantías. Estannos contaminando a alma coa información. Eu trato de facer ver a necesidade de que apareza ese movimento. Pero outra cousa é que xurda de verdade. O Quinto Poder hai que crealo. Aquí existen suficientes xornalistas, suficientes universitarios, personalidades e consumidores de información para decir: é indispensábel que aquí creemos un organismo que verifique que non se está a enganar os cidadáns.

¿à posíbel crear ese Quinto Poder sen uns mínimos medios de comunicación propios nunha sociedade chamada da información?

Ten que ser un organismo cunha honestidade garantida. Publicará uns informes anuais como Amnistía Internacional o fai coas libertades. Uns informes feitos coa garantía.

Os medios van estar en contra, non van ter trascendencia...

Non se dirixen só aos medios. Pódese utilizar internet. Toda a rede alternativa de información, como A Nosa Terra. Tamén hai radios comunitarias... Pódense dar conferencias. Hai moitas maneiras de facer entender á opinión pública que existe un instrumento.

¿Que papel teñen os medios chamados alternativos nesta sociedade? ¿Esa definición non lles está xa cortando xa a súa incidencia?

Eses medios son alternativos aos grandes medios dominantes. Forman parte do que podíamos chamar contrapoder. Se se comportan como os demais: se esaxeran, se difunden mentiras, se dan unha información que non sexa rigurosa..., sexan alternativos ou non alternativos non axudan. Estes medios teñen que ser un exemplo mesmo de información seria, etc. Teñen que presentarse precisamente como a información que non circula, que en realidade non existe. Exemplo da información censurada, en definitiva. Na vez de chamalo medio alternativo seria millor chamarlle medio de contrainformación.

Pero a industria da exclusión, de ser diferente, é a etiqueta que che pon xa o poder para minorizarte.

Ese é o problema. Non hai que querer alcanzar ao grande público de repente. Esta fascinación polo grande público é o que leva á maioría dos medios a facer toda caste de sacrificios que racha con todo e pervirte o xornalismo. Hai que dirixirse aos que queiran estar ben informados. Hai que apostar sobre o feito de que sociedades cultas como a nosa, hoxe Galiza é moito máis culta que hai 30 anos, non soportan a mediocridade da información que consumen. Hai que facer a mesma aposta que coa alimentación. A alimentación orgánica é máis cara ca outra e non se vende nos grandes supermercados, hai que ir a pequenas tendas. Hai que apostar porque a boa información acabará por triunfar.

Comentaris

Re: Ignacio Ramonet fala de Nunca Máis
08 jul 2003
Falto en su maravilloso curriculo que es el fundador de Attac, la quinta columna del capital, mentor del programa que Lula esta aplicando en Brasil.
Es uno de los ideologos de la 'humanizacion del capitalismo hasta tener con que substituirlo'
Tambien es el jefe de la Susan George, enemiga de los que luchan, pues esos de Attac son los que critican a los que levantan las formas de accion directa y se alian al reformismo para las politicas de alianzas de clase.
Hay mas, pero con eso es suficiente.
Profesor J
Re: Ignacio Ramonet fala de Nunca Máis
09 jul 2004
La quinta columna, añado paleocristiana, del capital.
Ramonet es un cristiano furioso
20 jul 2004
Como el Oliveras, la George y tantos otros que se las dan de "buenistas" pero que en realidad no son más que liquidacionistas de todo proyecto social y libertario.
Sindicato Sindicat