Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Novembre»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
          01 02
03 04 05 06 07 08 09
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Veure comentaris | Envia per mail aquest* Notícia
Notícies :: criminalització i repressió
Detido moço presuntamente vinculado a Resisência Galega
08 gen 2013
Deteñen un mozo en Ames e o PP propón no Parlamento unha condena institucional a Resistencia galega

Deteñen un mozo en Ames e o PP propón no Parlamento unha condena institucional a Resistencia galega
O Partido Popular vén de facer público que proporá na Cámara unha condena institucional do "terrorismo en xeral e de Resistencia Galega en particular". O detido, será trasladado esta terza feira a Madrid para prestar declaración perante a Audiencia Nacional.
O.R. hai 6 horas



O Ministerio do Interior español fixo público esta terza feira un comunicado polo que daba conta da detención de H.M.P, veciño de Ames, no seo da operación que deveu nas detencións doutras seis persoas nos últimos meses. Segundo o texto, a detención foi levada a cabo pola policia española arredor das dez e media da noite nun monte situado na área metropolitana de Santiago de Compostela. Segundo puido saber este xornal, o domicilio do detido na vila de Quistiláns (Ames) foi rexistrado a primeira hora desta mañá. Arestora, numerosos membros da policía española continúan no lugar, onde se terían producido confrontacións coa veciñanza. Após a súa detención e durante o seu traslado a comisaría logo do rexistro domiciliario, H.M.P tería denunciado torturas por parte da policía, supostamente, practicadas durante a faixa de tempo que transcorreu desde a súa detención (arredor das 22.30 do día 7 de xaneiro segundo fontes policiais) até a súa chegada ao domicilio familiar para ser rexistrado (arredor das 11.00 da mañá desta terza feira).

A operación policial, que continúa arestora aberta, podería desencadear novas detencións. Pola súa banda. H.M.P será trasladado nas vindeiras horas á capital española para ser posto a disposición xudicial perante a Audiencia Nacional.

O PP presentará unha proposta para que o Parlamento emita unha "condena institucional" de Resistencia Galega

Nun comunicado enviado esta terza feira, o Partido Popular agradeceu "o excelente labor dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado" pola detención desenvolvida no día de onte e das levadas a cabo o pasado mes de outubro --malia que dúas das persoas detidas foran deixadas en liberdade poucas semanas despois. Aliás, @s populares condenan "as intencións do presunto membro de Resistencia Galega" e as "prácticas terroristas" que poñen en risco, din, "a integridade física de todos os galegos".

Neste senso, desde o grupo parlamentar popular presentarán unha proposición para que os demais grupos políticos emitan unha "declaración institucional en contra do terrorismo en xeral, e de Resistencia Galega en particular".

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Detido moço presuntamente vinculado a Resisência Galega
09 gen 2013
Solidaritat amb les que lluiten contra Espanya i el Capital des dels Països Catalans!

GALIZA LIVRE!

INDEPENDÈNCIA I SOCIALISME!

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more