Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: criminalització i repressió
(Galiza) Dia 12 Outubro tod@s a Arteixo, concentracion pola morte de Diego Viña Castro.
09 oct 2009
DIEGO VIÑA CASTRO FALECIDO O 22/9/04
¡¡¡¡ 5 anos de impugnidade¡¡¡¡ (pedimos difusión desta información)
O dia 12 de outubro, (dia da patrona da Garda Civil) e dende hai xa varios anos a COMISIÓN DE DENUNCIA DE GALIZA, convoca unha CONCENTRACIÓN ante a Igrexa Parroquial de Arteixo, esixindo se faga xustiza no caso do falecemento do rapáz Diego Viña Castro.

    Lembremos que este rapaz da Coruña, faleceu o día 22 de setembro de 2004, no cuartel da Garda Civil de Arteixo, logo de ser detido inxustificadamente por imputacións falsas realizadas polo seu proxenitor.

    Tras unha longa espera nos calabozos da Benemérita, e tras serlle negadas as mínimas garantías de atención ao detido (asistencia sanitaria, psicolóxica, etc), o detido apareceu aforcado no calabozo pendurado da perneira do seu pantalón.

    Dende ese momento, todas a circunstancias que rodearon a morte de Diego Viña se nos mostran como escuras, así a perneira do pantalón foi arroxada ao lixo polo Garda Civil responsable do Posto de Arteixo, non se realizou unha reconstrucción dos feitos, non se aportaron as imaxes das videocamaras de vixilancia, non se iniciou unha investigación interna que determinara as causas da detención e o fatal desenlace.

    Tras esta traxedia, tanto a familia de Diego Viña, como a Comisión de Denuncia de Galiza, iniciaron acción xudiciais co obxecto de aclarar as circunstancias da morte e depurar as responsabilidades penais pertinentes.

    Na actualidade e tras o arquivo da denuncia por Homicidio, séguese un procedemento xudicial contra os responsabeis da morte de Diego como autores dun delito de DENUNCIA FALSA E DETENCIÓN ILEGAL, figurando como denunciados:
    Carlos Viña (pai de Diego) como presunto autor dun delicto de denuncia falsa, xa que a presenta sen ningún dato que a xustifique e en profundo estado de embriaguez.

    O comandante do posto da garda civil de Arteixo e os axentes que se topaban de garda como presuntos autores dun delicto de detención ilegal.

    A familia de Diego Viña e a Comisión de Denuncia de Galiza, continuarán con súas reivindicacións publicas e mobilizacións sociais, ate que esta morte o igual que tantas outras non quede impugne.


Dia 12 de outubro de 2009.
Lugar Nova Igrexia Parroquial de Arteixo- A Coruña
(No paseo fluvial perto de balneario)

Hora: 12,00 PM.
Convoca Comisión de Denuncia de Galiza.

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat