|
Notícies :: criminalització i repressió |
Represalias polÃtico-xudicais contra a veciñanza canguesa
|
|
per Agrupación de Vigo de ADIANTE (MRG) Correu-e: info ARROBA adiantegz.org (no verificat!) |
17 set 2006
|
Represalias político-xudicais contra a veciñanza canguesa
Comunicado provisorio de ADIANTE (MRG) |
|
Ante o provábel agravamento da represión polÃtico-xudicial na comarca do Morrazo durante as últimas xornadas de loita, de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) amosamos a nosa completa solidariedade e o noso apoio incondicional à s/aos compañeiros e veciñ@s acosad@s, inxuriad@s e represaliad@s pola cipaiada capitalista.
Dende hai mais dun ano, vari@s veciñ@s da vila morracense de Cangas, organizad@s ao redor do Foro Social pola Defensa do Pobo (FSDP), están a protagonizar unha intensa loita contra o proceso de marbellización urbanÃstica e medioambiental apadriñada pola polÃtica especulativa do goberno municipal de Sotelo (PP) e dos seus aliados da entidade Caixanova e de Construcciones Dios, Lda.
Ante a declaración de ilegalidade dun plano urbanÃstico que pretende realizar, entre outras cafradas, un porto deportivo agresivo nos antigos peiraos da factorÃa de Massó por meio do aterramento do litoral no Salgueirón, os actores promotores das obras especulativas comezaron as mesmas agardando que a polÃtica “de feitos consumadosâ€? fixera o resto.
A veciñanza organizada no Foro decidÃu organizarse, coa afouteza e decisión caracterÃstica do movemento popular morracense, en quendas de vixilancia permanentes para evitar que as obras proseguiran e que os inimigos da nosa costa se saÃran coa súa.
Durante os últimos doce meses a actitude heroica e sacrificada destas/es veciñ@s foi silenciada, tanto polos meios de comunicación do sistema, presionados polas chantaxes de Caixanova, coma polos que se dÃn “libresâ€?, “alternativosâ€? e (incluso!) “revolucionariosâ€?. Tan só honrosas excepcións, coma a publicación xuvenil EMBATE ou a estudantil A GADOUPA, adicaron algunhas páxinas a informar desta loita obreira e popular.
En varias ocasións estas persoas foron acosadas e identificadas por membros da Garda Civil e da PolicÃa durante as vixilancias. Ademais, e como consecuencia disto, moit@s delas/es teñen sido requerid@s para declarar ante os xulgados baixo a acusación de “faltasâ€?.
Mais agora pódese agravar a presión represiva, posto que vari@s activistas do FSDP, entre @s que se atopan destacados cadros do partido comunista e independentista Frente Popular Galega (FPG) e do sindicato de clase Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), van deixar de estar acusad@s por faltas e van pasar a selo por “delictosâ€? de coaccións, polo que poderÃan ser condead@s a seis meses de prisión. Todo iso por levar a cabo a tarefa que supostamente terÃan que facer @s que cinicamente se fan chamar “A Xustixaâ€?.
Ante estes novos atropelos, o pobo traballador de Cangas non se rende e, no mesmo dÃa en que se pretendÃa xulgar a 15 compañeir@s, concentráronse primeiro nos xulgados e despois ante a sé de Caixanova para protestar e solidarizarse co/as represaliad@s. Detrás desta polÃtica represiva volve a estar de novo o tristemente coñecido Subdelegado do Goberno DelfÃn Fernández (PSOE). Con individuos da súa catadura, as feridas das recentes loitas obreiras seguirán abertas na RÃa de Vigo.
Varios colectivos, alén do Grupo Municipal da FPG, amosaron xa a súa solidariedade con estas persoas e coa súa loita sen tregua por defender á vila de Cangas e a todo o Morrazo dos ataques d@s especuladoras/es. A loita continuará en Cangas, Nigrán, Bouzas, Redondela,… e en todos os lugares de Galiza dispostos a se defender. A loita contará tamén, de seguro, coa solidariedade e as mans dispostas da xuventude organizada en ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega).
Loitamos unid@s, venceremos loitando.
Adiante na defensa da terra!
Boicot a Caixanova!
Vigo, Galiza, 15 de Setembro de 2006
Agrupación Comarcal de Vigo de
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) |
This work is in the public domain |