Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: altres temes
Fogar de Breogán, desperta do teu sono!!!
11 ago 2006
Ises fascistas. Ises irresponsables. Ises dementes. Ainda non quedou chea a sua estupidez coa morte do noso mar, que rematan o seu traballo deixando os nosos montes e os nosos campos ermos para as xeracións vindeiras.

Levamos moitísimos anos exiliados. A nosa emigración convertiunos en Exiliados da Fame, e agora que intentamos -con moito esforzo- dirixir a proa da nosa Nazón cara o Porto da Dignidade, os iñorantes, imbéciles e escuros, polos que tamén -desgraciadamente- adicamos esforzo e tempo das nosas vidas, péchannos as portas da espranza.

Fogar de Breogán, desperta do teu sono!!!

¿Non será que xa non hai sono do que despertar?.
Tempo ao tempo, se non tomamos determinacións radicais XA !!!

Sinto moito pero non podemos seguir con panos quentes

Paco Castro
BNG-Catalunya
10/08/06

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Fogar de Breogán, desperta do teu sono!!!
11 ago 2006
O fogar de breojan é propiedade privada nun 94%, en gran medida abandonada e asilvestrada, que noutro tempo-agora que estamos na memoria histórica- foi a base da soldadesca franquista,-os propietarios da miseria de catro terras e unha vaca, soldados do exército do CAPITAl; solamente os asalariados, mariñeiros, mineiros, e carrilanos levantáronse contra Franco.
Pois ben, segundo o lema clasico "a terra pra quen a traballa" e como non se traballa, hai que expropiala e por en marcha unha empresa pública de limpeza e cultivo do monte e superficies rústicas abandonadas financianda con impostos o CAPITAL DE DENTRO E DE FORA que vampiriza as riquezas naturais e explota os obreiros, mais tamen cos derroches da cidade da cultura e coches oficiais das novas autoridades.

Conseguido este primeiro obxetivo comenzariamos a segunda fase de expropiacions dos sectores productivos en xeral e a autoxestión da economia de abaixo arriba na comuna galega sen dios nin rey.
Esta si seria nación de breogan!

O demais son prantos e fracasos rosalianos victimistas da pequena burguesia nacional propietaria que joberna o bng.
Sindicato Sindicat