Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: pobles i cultures vs poder i estats
Vª Asemblea da FPG
19 mai 2006
A FPG aposta pola creación
dunha nova organización política
bandeira01.jpg
A Frente Popular Galega (FPG) pretende reabrir o debate a “prol da unidade política da esquerda e todo o nacionalismo galego�, en palabras de Mariano Abalo, un dos seus principais dirixentes, na súa V Asemblea a celebrar no fin de semana do 20 de maio.

A creación dunha nova organización, “con principios políticos claros e firmes dunha esquerda consecuente e nacionalista con perspectiva marxista�, semella que vai ser a aposta maioritaria logo das discusións internas.

Pretenden aglutinar a todas aquelas organización e persoas que abandonaron nas distintas etapas históricas o Bloque, para “con aqueles principios históricos da UPG, vertebralos e crear unha nova organización política�.

Tres foron as propostas baralladas pola militancia. A anteriormente citada de constituír un partido de todo o abano nacionalista e de esquerdas máis alá do BNG (aínda que procurando contar con elementos hoxe descontentos coa política de Anxo Quintana). A desaparición da FPG como tal por non ter hoxe ningunha virtualidade política, que semella totalmente descartada, e a de continuar pero realizando un relevo a fondo nos actuais dirixentes e referentes políticos, nomeadamente Mariano Abalo e Xosé Luís Méndez Ferrín, se non se acada o acordo necesario para constituír unha nova formación política. Opción que non foi a cabo en anteriores ocasións, como, por exemplo, nas conversas fracasadas que rematarían na creación de Nós-UP.

O cambio de política no Estado e, sobre todo, o proceso que comezou en Euskadi, levaría a moitos militantes da FPG a procurar novos camiños.

Os relatorios da FPG apostan “por facer unha política nova na Galiza, enraizada na sociedade, non electoralista e mimética de Catalunya�. Esta última acusación vai dirixida ao BNG.

Consideran que a actual política que se está a realizar na Galiza está condicionada por Madrid e que o BNG non que é quen de levantar un valado de contención contra a política españolista, pola súa política “seguidista�, deixando que PP e PSOE atopen un camiño propicio.

Por iso queren crear unha nova organización que “realice unha política nova�.

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat