Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: altres temes
Estatut posibilista reformista
22 mar 2006
ESTATUT POSIBILISTA REFORMISTA


O día 22 de Marzo a Comisión Constitucional aprovou o texto estatutario correspondente ao Novo Estatuto de Autonomía de Catalunya. Despois de pelexas políticas tanto internas como entre partidos que chegaron ao traxicómico, finalmente parece que teremos un Novo Estatut. Como fago sempre que acontece algo interesante ou importante no mundo no que vivimos, merquei todos os xornais do día coa idea de facer un traballo que considero apaixoante, o estudo comparativo de editoriais, portadas e máis os titulares de todos os xornais. Todos os xornais do día centrábanse no voto negativo de ERC e PP por motivos claramente diferenciados. ERC defendeu a súa negativa afirmando que ninguen podía obligarlles a votar contra a súa conciencia e afirmou que “os que hoxe non queren recoñecer a Catalunya como Nación, mañá terán que recoñecela como Estado�. Pola súa banda o PP continuo na súa postura franquista defendendo que malia os abundantes recortes, o Estatut continuaba situado fora dos límites da Constitución. O xornal El País centrou o seu titular en subliñar o voto negativo de ERC y PP e afirmaba na súa editorial que este foi o Estatut da moderación e máis o consenso que según eles “deixa fora os extremos� e critica a Maragall e Zapatero polo seu papel no proceso. El Periódico de Catalunya titulou “Estatut sen ERC e PP� e centra a súa editorial na crítica dirixida á postura de ERC e avisa da imposibilidade de compatibilizar á negativa coa continuidade no goberno tripartito. El Punt tamén destacaba ese día a aprovación do texto estatutario sen o voto favorable de ERC e titulaban “Socialistas, CiU i ICV-EA acordan o novo encaje de Catalunya dentro de España�. Os editoriais critican a falta de consenso entre as forzas políticas catalás que o aprovaron o 30 de Setembro no Parlament de Catalunya e o problema que iso implica para continuar traballando. A Vanguardia subliñou que as cortes acepten por primeira vez que Catalunya é unha nación coincidindo co ABC que centra o seu titular no feito de que por primeira vez na historia as Cortes definan a Catalunya como Nación. La Razón centra o seu titular nos ataques a Carod (para non perder o costume) e centrase nas súas palabras na sesión de aprovación nas Cortes. Todas as fotos de portada situan a Mas (CiU) e a Manuela de Madre (PSC-PSOE) no centro da foto cousa que ten a súa lectura política. Só a portada do xornal EL PUNT ( de tendencia política oscilante entre ERC e PSC) publica unha foto que sitúa no centro da imaxe a Carod-Rovira burlándose de Artur Mas facendo un xesto coa mán querendo dar a entender que lle cede a postura central na foto. Esta foto quere continuar reafirmando a tese de ERC de que Mas só quere saír nas fotos do Estatut sen facer nada polo país. Maragall e o grande ausente en todas as fotos como foi tamén ausente no proceso. A editorial do xornal EL PA�S criticalle esta absoluta falta de liderazgo no proceso. Remato constatando que non temos o estatut que saíu do noso parlamento, tampoco temos o estatut que necesita o país pero temos o Estatut Posibilista Reformista. Vaian vostedes pensando se necesitamos outro estatut ou unha constitución de Estado mentre reflexionan sobre o sentido do seu voto no referendo que segundo parece estase a artellar de xeito tan coaccionador que intentará por todos os medios evitar o noso voto negativo. Non se deixen enganar, eu xa decidín o senso do meu voto, pensen, infórmense ben, constrúanse o seu propio criterio persoal independente e logo vaian votar dende unha postura coherente cunha reflexión profunda, libre e serena que parta da pregunta “qué modelo de país quero deixar aos meus fillos?�.

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Estatut posibilista reformista
22 mar 2006
Per què escrius en gallec si saps català? M'ha alegrat veure que he entès tot el text, però... Hi ha traductors que et fan la feina en un moment!
Estatut posibilista reformista
22 mar 2006
E ti como sabes que eu sei escribir ben o catalán? Por qué das por suposto isto ?
Sindicato Sindicat