Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: antifeixisme
23-F 25 Anos despois
23 feb 2006
Mañá cúmprense 25 anos da chamada ânoite dos transistoresâ?. A memoria do intento de golpe de Estado do 23-F continúa viva nuhna España que se autoproclama democrática pero que ten un xeito de funcionar que demostra que o noso sistema político ten aínda moito que camiñar cara a plena democratización. Eu tiña ala polo año 81 un ano de idade co cal non teño memoria desa noite tan chea de tensions sociais é políticas, pero meu pai, membro nese intre do PSC-Reagrupament andaba traballando e miña nai estaba na casa con meu irmán e comigo pasando unha das noites máis duras dende a chegada da recien iniciada democrácia. Até onde chegan as miñas lembranzas do que aprendin no colexio desa noite, ese intento afortunadamente frustrado de Golpe de Estado, naceu xa morto, foi un fillo abortado da dictadura nun momento no que as aspiracións nacionalistas de Euskadi e Catalunya enchian de nerviosismo e medo aos nostálxicos do Franquismo xa que segundo eles estabase a por en cuestión a unidade da Patria. Sóalles?. Estes dias, tiven a oportunidade de ver na televisión pública catalá varias reportaxes sobre esa noite, chamada âa noite máis longa da democráciaâ?. Para aqueles que non o lembren, o 23-F foi o intento frustrado de Golpe de Estado dirixido polo Teniente Coronel Tejero, o Coronel Armada e outros que operaban baixo as súas ordenes. Durou 18 horas e sempre segundo a versión oficial, o Responsable Máximo das Forzas Armadas Españolas e Rei de España Don Juancarlos I abortou o intento defendendo e ordenando manter o orden constitucional. Deixando atrás os feitos concretos o que me interesa a min realmente, a motivación real de escribir este artigo é volver a reabrir un vello debate. Alguns din que foi o Rei de España o que salvou a democrácia, outros din que todo foi unha pantomima orquestada pre consolidar a súa figura. O certo é que nos medios nacionais e internacionais o Monarca Español aparece como o grande salvador da democrácia Española, e algunha importancia debe ter iso. Pero para os máis conspiracionistas inda existen preguntas sen resolver. Porque só foron procesados 33 militares dos máis de 200 que participaron? Porque o Presidente do Governo do momento ordenou paralizar a investigación e procesar con todo o peso da lei a poucos militares? Houbo colaboración entre a cúpula militar e o CESID? Foi en último término o Monarca Español o auténtico instigador do Golpe de Estado? Estas e outras preguntas quedan abertas 25 anos despois, a figura do Rei continua consolidada, os procesos autonómicos a medio conseguer e alguns dos que participaron no 23-F teñen hoxe importantes cargos de poder na España âdemocráticaâ?. Cada un que saque as súas conclusións.

Més Informació:

http://galaicocatala.blogspot.com/

This work is in the public domain
Sindicat