|
Notícies :: sexualitats |
La Justicia Portuguesa impedeix la celebració de la primera boda lèsbica a Portugal
|
|
per Alliberament Gay |
05 feb 2006
|
VIEIROS
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
UN XU�Z IMPIDE A PRIMEIRA VODA LÉSBICA DE PORTUGAL
03/02/2006
Lena e Teresa, unha parella de lesbianas lisboetas, quixeron casar o mércores na que deberÃa ser a primeira voda homosexual en Portugal. En aplicación do código civil luso, o responsábel do Rexistro civil rexeitounas, pero desencadeou unha treboada legal e polÃtica que non fixo máis ca comezar. |
O avogado Luís Grave veu a fenda: o código civil portugués, ao impedir explicitamente o matrimonio entre dúas persoas do mesmo sexo, é inconstitucional. E ofreceuse para emprender unha batalla legal que ten como meta a regularización do matrimonio para gais e lesbianas. Só necesitaba o avogado Grave unha parella de voluntarios e voluntarias capaces de dar o paso. Fixo a convocatoria a través do seu blog e ao pouco apareceron Teresa e Lena.
Lena e Teresa teñen unha filla, pero só unha das nais que a coidan, a biolóxica, pode facerse cargo dela. A ollos da lei, Teresa pasaba por alí. E é que a lexislación portuguesa só recoñece a figura das unións de feito, que agrupa as persoas que conviven baixo un mesmo teito durante un período superior aos dous anos. Ninguén leva rexistro destas unións de feito, e aínda que ten aplicación para a declaración de impostos, as demais entidades públicas e privadas, dende os hospitais aos bancos, non teñen por que recoñecer a súa existencia.
A Constitución portuguesa é moi clara á hora de recoñecer a igualdade dos seus cidadáns ante a lei, sexa cal for a súa "orientación sexual". Porén, o Código Civil sinala que "casamento é o contrato celebrado entre dúas persoas de sexo diferente que pretenden constituír família mediante unha plena comuñón de vida". Por iso o xuíz responsábel do sétimo rexistro civil de Lisboa recusou, logo dun día de cavilacións, admitir a voda como válida.
Despois da voda fallida do mércores, o camiño do avogado Grave e da parella formada por Lena e Teresa será comezar unha longa peregrinaxe de recursos ata chegar ao Tribunal Constitucional. Iso se a política non colle o atallo: polo momento, tanto o Bloco de Esquerda como as mocidades do Partido Socialista anunciaron que presentarían propostas de lei para reformar o código civil co obxectivo de que as vodas entre gais e lesbianas sexan unha realidade. |
This work is in the public domain |