Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: pobles i cultures vs poder i estats
comunicado desde galicia 17/11
27 des 2005
Comunicado da Dirección Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria
Galega)
O 14 de novembro de 2005, dez militantes independentistas galeg@s foron
detid@s sen máis nos seus fogares ou centros de traballo respectivos
por
membros encarapuchados da Garda Civil española.

Centros e locais sociais onde se realizan actividades públicas, abertas
e
populares de carácter cultural, alternativo ou de lecer foron
literalmente
asaltados e saqueados polos efectivos do instituto armado.

Os medios de comunicación do réxime levan desde ese día exercendo a súa
función no sistema, intoxicando, criminalizando e confundindo, sen nin
sequera intentar contrastar a información.

Perante a gravidade dos feitos desta escandalosa espiral represiva,
desde
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) tiramos este pequeno
comunicado,
urxente e provisorio, e manifestamos:

1. A nosa solidariedade e apoio ás persoas detidas, aos seus
compañeiros e
compañeiras, colegas e familiares nestes complicados intres.

2. A repulsa á actuación dos xuíces españois, aos métodos da Garda
Civil, á
actitude da prensa e ás inxurias do Delegado do Goberno.

3. A nosa satisfación pola resposta unitaria antifascista que se está a
dar
por riba de diferenzas ideolóxicas e políticas.

4. Que se está a pasar por riba da presunción de inocencia, do dereito
de
reunión e asociación e das máis básicas liberdades e dereitos
fundamentais.

5. Que estes feitos persiguen coaccionar e meter medo entre a mocidade
galega rebelde, obreira e popular que non cala nin agocha a testa.

Ao nos atopar perante o maior golpe represivo dos últimos 15 anos,
desde
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) facemos un chamado á
solidariedade
activa por riba de siglas, a non cair en provocacións innecesarias e a
estar
en garda perante novas violacións dos nosos dereitos colectivos.

Liberdade inmediata das persoas detidas!
Viva Galiza Ceibe e Socialista!

This work is in the public domain
Sindicat