Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: criminalització i repressió
Marcha a Teixeiro 2005
19 des 2005
Os plans do goberno en materia de ejecución penal, segundo as súas propias declaracións, son moi claras: finalizar as catro macro-cadeas que se están a construír e aproba-la edificación de 7 novas. O coste de construcción de cada centro ascende a case 100 millóns de euros e o tamaño medio dos centros que se propón é de máis de 1000 prazas.
Estos plans asentan a aposta por un modelo de ejecución penal fundamentado na conversión do encarceramento de persoas, nun negócio que vai dende a construcción de infraestructuras, até a xestión e administración dos centros. As prisións teñen un coste social e a consecuencia deste “novo� plan é o incremento de persoas presas e a reprodución das condicións d encarceramento existentes, ñe decir, hacinamento, enfermidade mental, violencia, mortes, suicidios,etc…
Segundo estudos publicados recentemente, son xa 262 as mortes acaecidas este ano en reformatorios,cadeas, calabozos… alén das acontecidas no transcurso de detencións policiais. Descoñécense as causas do 34% destas mortes e a actuación dos tribunais nos poucos casos nos que se abríu proceso penal, non pasan de arquivar as causas penais ou impoñer condeas mayoritariamente moi leves. Estas actuacións constitúen en sí un acto de desprezo polas víctimas e as súas familias, quenes, por si a morte non fora suficinte castigo, deben pasar polo mesmo proceso judicial e soportar que finalmente se culpe ás víctimas da súa propia morte, cando a realidade é que eran persoas detidas, ailladas e era a institución que @s retía a responsable das súas vidas.
É imprescindible a paralización inmediata dos planes de edificación de macro-cadeas porque non precisamos máiss depósitos de persoas abandoadas, e é imprescindible, asimesmo, a depuración de resposabilidades das pasadas e futuras mortes, pola dignidade e o respeito que merecen as víctimas e as súas familias e amizades.

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Marcha a Teixeiro 2005
19 des 2005
Abaixo os muros das prisions!!
Sindicato Sindicat