Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: educació i societat
10 de Desembre. Dia Internacional dels Drets Humans
10 des 2005
10 de Decembro, Dia Internacional dos Dereitos Humanos. Dia no que conmemoramos a aprobación e máis a proclamación na Asamblea das Nacións Unidas tal dia coma hoxe de 1948 do que foi e segue a ser un documento que os feitos históricos situan na penosa situación dos documentos esquecidos, os papeis mollados que sirven para lavar a nosa mala conciencia de saber e constatar dia a dia que 57 anos despois da súa proclamación, seguimos sen ter cumplido esta declaración occidental, que non universal, de dereitos humanos. E curiosa realidade porque este documento ven sendo a primeira imposición occidental que por non cumprir nin siquera se esta a cumprir no mundo que a veu nacer. Din os historiadores que a historia ten sentido no senso de que mirar ao pasado é o único xeito de enteder o presente e de prever o futuro, podriamos dicir que partindo da base de que o ser humano é o único animal da creación que é capaz de tropezar mil veces coa mesma pedra pola súa incrible capacidade de esquecer o pasado, mirar a historia é a única forma de entender por qué arestora estamos a cometer os mesmos erros que xa cometeran os nosos avós.

Imos pois a mirar á historia. Esta declaración xurde 3 anos despois de rematar un dos feitos máis monstruosos da historia, estamos a falar da Segunda Guerra Mundial. Millóns de mortos, deportados e desaparecidos, familias destrozadas, mutilados e botins de guerra que ainda perviven. Europa poido constatar de xeito feliz como defensores dun modelo de sociedade comunista e defensores dun modelo de sociedade capitalista liberaban Europa do Nazismo. E que curioso, nos, nas Españas inda estamos esperando que alguén veña a liberarnos do fantasma do franquismo mentre nos sentamos a comer unha boa paella mirando os touros.

Non sabemos se os nosos oíntes saberían decirnos todos os países que unha mala tarde de póquer creo no continente Africano, pero supoño que todos coñecen a realidade actual deses países e digolles esto porque o primeiro dos artigos da declaración “Universal� de dereitos humanos afirma que todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos e que en tanto que seres racionais (este punto debeu sair despois dun par de vinillos) teñen a obriga de comportarse de xeito fraternal entre eles. Imos a Melilla a contarlles isto as persoas que morren cada dia tentando chegar á Europa rica ou tentando saltar o muro da vergoña?

E do artigo primeiro imos ao número 25 que afirma que “toda persoa ten dereito a un nivel de vida adecuado…�. Revisamos as desigualdades sociais? Saben vostedes que só na Galiza un de cada 5 galegos vive por baixo do limiar da pobreza?

Poderíamos continuar, esto é só unha mostra do rigor co que case 60 anos despois da proclamación deste texto estanse a cumprir os seus artigos. Pero…vostedes non se preocupen de nada, inda temos o pan e circo, a liga de campións continua e Tele5 segue a emitir Gran Hermano.

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat