Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: un altre món és aquí
L'amor com a revolució
08 des 2005
O AMOR COMO ACTO REVOLUCIONARIO


A verdadeira revolución sae do pobo, xa o dicía Marx, “os obreiros non teñen nada que perder, soamente as súas cadeas�. A verdadeira revolución é a que fan as persoas cos seus actos dia a dia. A verdadeira revolución e comezar por cambiar un mesmo. Cuba, Venezuela, duas revolucións que xurdiron do pobo armado contra o capital imperialista co obxetivo de liberar ao pobo. Hoxe en día duas revolucións estatalizadas, institucionalizadas, normativizadas, duas revolucions que mantiveron parte da súa forza revolucionaria na medida na que aportan as bases para futuras revolucions. Hoxe os revolucionarios que derrocaron os correspondentes gobernos pra acabar co imperialismo e a inxustiza social viven cuns niveis de riqueza absolutamente desaforados e no proceso revolucionario contan coa colaboración de persoas benintencionadas que se proclaman “ de esquerdas� do ámbito europeu que traballan cos gobernos revolucionarios sustituindo a vontade popular de Venezuela e Cuba. Todo para o pobo pero sen o pobo…lembralles algunha cousa? Onde quedou o pobo venezolano na revolución bolivariana? Non me entendan mal, eu son un fervente admirador destas revolucions, pero busco unha revolución auténtica, a revolución do pobo, a revolución das persoas. E cal é ao final dos finais esa gran revolución? Eu penso que o máis grande dos actos revolucionarios é querer. Querer con dignidade e liberdade. E me pregunto..onde quedan as revolucions cando é posíbel ser expulsado da normalidade e da complicidade por querer? Onde quedan as revolucións cando duas persoas rompen a súa relación porque se queren? Por qué se criminaliza o amor? Por qué se castiga o amor como acto revolucionario? Por qué diante de calquera revolución aparece o conservadurismo e acaba con todo? Volvo ao exilio interior do que saín para facer a revolución, esperando un tempo millor….

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat