|
Notícies :: @rtivisme : un altre món és aquí : xarxa i llibertat : pobles i cultures vs poder i estats |
BoletÃn poético desde Galiza
|
|
per andar21 |
18 oct 2005
|
Boletín coas novidades e infos da revista poética en rede |
http://andar21.net
"De ninguén o poema..." F.D.R.
FRANCISCO DOMÃ?NGUEZ ROMERO (1939-2005)
Como no lento aproximar das ondas
outras sombras á sombra do que un é.
Iguais ou parecidas; tan ao pé.
Como no lento aproximar das ondas.
05-10-14 De umha Atlántida: Juan Ramón Jimenez
Escolma de poemas de Juan Ramón Jimenez (Moguer, Huelva, 1881 - Santurtzi, 1958). Sel. e trad. de Roi Ferreiro.
05-10-13 Volta dos nove
Colabora coa homenaxe aos asasinados na Volta dos Nove - Instituto de Estudios Miñoranos
05-10-11 PoesÃa núa: Gustavo Peaguda
Poemario de Gustavo Peaguda (Ourense, 1974), gañador do I Premio de poesÃa Reimundo Patiño. Con obra de Amparo Fdez. 1 >10
05-10-11 Itinerário: Viegas Fernandes da Costa
Versos de Viegas Fernandes da Costa (Blumenau, Brasil, 1977)
05-10-10 O paseo: Robert Walser
Un trecho de O paseo de Robert Walser (Biel, Suiza, 1878 - Herisau, 1956)
05-10-04 Caos: Simón Iglesias
A TeorÃa do Caos aplicada á poesÃa. Simón Iglesias (1978)
05-10-04 Centelhas de vida: Urda Alice Klueger
Crónica de Urda Alice Klueger desde o Brasil
05-09-23 O sono da emoción produce... : Rooster
Versos de Rooster e gravura de Amparo
05-09-23 e e cummings
Un poema de Edward Estlin Cummings (Massachussets, 1891- New Hampshire, 1962)
05-09-23 Versos de Carlos Sende
Versos de Carlos Sende (Compostela, 1977) desde Barcelona. 1>5
05-09-19 Na terra da paz: Roi Ferreiro
Versos de Roi Ferreiro e gravura de Amparo Fernández
05-08-31 O poeta Francisco DomÃnguez Romero
Finou o 12 de agosto de 2005 en La Ribera (Murcia) con 66 anos.
05-08-09 Marina: T.S. Eliot
Thomas Stearns Eliot. (St. Louis, 1888-1965)
05-07-29 Selecçons de Susana March (II)
Poemas de Susana March (Barcelona, 1915-1990) escolhidos e traduzidos por Roi Ferreiro. De Esta mulher que som (1959)
05-07-29 Selecçons de Susana March (I)
Poemas de Susana March (Barcelona, 1915-1990) escolhidos e traduzidos por Roi Ferreiro. Poemas de O vento (1951)
05-07-29 Natureza: Joseba Louzao
3 haikus de Joseba Louzao (Bilbao, 1983)
05-07-28 Perdón por tripitir: Minus Bálido
Minus Bálido desde Ourense
http://andar21.net
Feito en rede.
Para ler, imprimir, enviar...
> Poetas galegos
> Colaboracións de poesÃa internacional
> Traducións para o galego
> Documentos
Colabora e difunde:
http://andar21.net
andar21[arroba]gmail.com
------
::: CONVOCATORIAS recibidas e informacións varias >>>
>>> Cesen deportación !
http://estrecho.indymedia.org/
>>> As Redes Escarlata realizaron esta fin de semana unha acción poética en homenaxe a Francisco DomÃnguez.
"Os poetas das Redes Escarlata interviñeron onte nas rúas de Arzúa para contar nubes, unha acción poética desenvolvida dentro do programa de Terractiva coa que pretendÃan homenaxear a Francisco DomÃnguez, membro da asociación cultural recentemente falecido. Antón Dobao, Chus Pato, Xabier Cordal, Iván Prado, CalÃs Pato, Silvia Penas, Manolo Igrexas, Xoán Carlos de Dios, Xosé Lois Cabanas, Chus RuÃz, LuÃsa RodrÃguez e Antón Lopo contaron 365 nubes para a memoria de DomÃnguez, poeta de longa traxectoria que compartiu coas Redes o volume colectivo Xuro que nunca volverei pasar fame".
>>> Incomunidade organiza:
Filo-café: Inês de Castro
5 de novembro, 20.00 h
Vigo-Galiza
Pub Sete Mares
TravesÃa de Santiago de Vigo, nº 2.
36201 Vigo
Inscrições Abertas
Modalidades de participaçom:
poesÃa, performance, teatro, dança, música, fotografÃa, audiovisual.
Informaçom en internet:
>>> Un Canto de Serea Surrealista
O 28 de setembro, cando se cumprÃa un ano máis da morte de Andre Breton comezamos cunha tentativa de sedución e Provocación Surrealistas (En sentido literal). Xa publicamos convocatorias, textos, fotos, ligazós... que animan a pasear a cabeza, o corazón e a acción nas paisaxes surrealistas de Breton. Isto incluirá, claro, tramitar precisiós e aportaciós de militancia expresiva como imaxinaron, algunha vez, Trotsky e Breton. Habita neste espazo o chamamento embrionario dunha iniciativa que chegará ata onde chegue segundo se convoquen e invoquen moitas forzas. De seguro que estes tempos fÃrennos a todos e de seguro teremos que escapar a aquelo que poida debilitarnos, desilusionarnos e resignarnos… velo eiquÃ, un espazo para cantos solidarios queiran camiñar xuntos esta experiencia.
Pode vostede sumarse?
PANEL:
>>> arredemo.info under attack
De aquà a pouco Arredemo.info estará de novo operativo cun novo pelexo que esperamos sexa do voso agrado. A partir de agora imos abrir tamén un proceso de redefinición do proxecto Arredemo no que esperamos seguir contando coa vosa participación. Neste sentido a idea é organizarmos o segundo encontro fÃsico onde apuntalar as liñas a seguir no proceso de organización da rede socio-cultural. Cando o web comece a funcionar poderedes ter toda a información á vosa disposición e aportar ideas a través dos foros e as outras seccións.
Asà que, en fin, estamos de regreso, e a parte de pedirvos desculpas por este mes e medio de silencio e un pouco máis de paciencia ata completar o traspaso, queremos anunciarvos que Arredemo entra nunha nova andaina na que todas e todos estades convidados a participar.
Para calquera cuestión lembrade que a conta de correo info ARROBA arredemo.info continúa operativa, e prometemos avisar cando o novo sitio arredemo funcione.
>>> "Erótica"
O novo livro do poeta galego Alberte Momán.
Trata-se da obra que ganhou o Prémio Francisco Añón de Poesia 2004.
Disponibilizado gratuitamente no site das Edições ArcosOnline.com
>>> Comezarom as emissons em Rádio FilispiM (Ferrol)
O dia 12 de Outubro comezou de maneira oficial a programaçom mais inflamável da rádio.
>>> O movimento autónomo en Ourense
O vindeiro 22 de outubro (sábado) ás 20:30 horas e dentro
dunhas xornadas sobre o "Movimento juvenil e o associacionismo en anos pasados en Ourense" váise proxectar o DVD "O movimento autónomo e o fogar infantil (casa okupada) nos 90".
Nel se presenta o que foi todo isto e o que supuxo, para que non quede no esquecemento, algo importante que sucedeu en Ourense, cidade anquilosada onde as haxa.
Lugar: A esmorga: rúa Cabeça de Mazeda. Ourense
>>> "Marea Negra", un proxecto consolidado.
O 1 de novembro sairá o novo número do "Marea Negra". Van xa 10 números e seguimos na brecha mostrando a outra faciana da realidade e achegándonos aos recunchos máis remotos da Galiza. Máis ideas, mais entrevistas, máis cultura, e máis memoria, elaborada conxuntamente por persoas das máis diversas procedencias. Un proxecto para poñer en común as nosas inquedanzas, para impulsar un mundo máis xusto e igualitario. Colabora !
"Marea Negra", a túa idea, o teu proxecto!
>>> Xornadas: Teo na procura da memoria,
que se van facer en Calo os dÃas 20, 21 e 22 de outubro: mesas redondas e unha homenaxe as persoas asasinadas na Uliveira (A Casalonga, Calo) nun lugar que foi cuneta e agora son silvas.
>>> Novidades na web expoplanetarium.net
novos textos roubados na sección DESMUNDO
novas seccións: AFOTOS DEBUXOS MONSTROS
>>> A Gentalha do Pichel,
inaugurou seu centro social na rua santa clara 21, em Compostela (gz)
>>> a Francisco DomÃnguez Romero
trouxemos do tempo un verso
sacando da memoria as palabras
o son
dunha man
trémula
ficamos en silencio aÃnda un pouco
trazando
docemente
o futuro
http://albertemoman.blogspot.com
--------------
TRES ANOS EN GUANTÃ?NAMO
[Non recibirás máis este boletÃn se nos respostas engadindo como asunto a palabra REMOVER]
"De ninguén o poema..." FDR
Revista poética en rede
http://andar21.net |
This work is in the public domain |