Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: pobles i cultures vs poder i estats
A reforma dos Estatutos de Autonomía, unha comedia esperpéntica
28 set 2005
Estamos a unha semana do debate no Parlament de Catalunya sobre a proposta de Reforma do Estatut de Autonomía, tema de candente actualidade que non deixa indiferente a ninguén. Estamos pois na recta final dun debate que leva centrando a vida política do último ano e medio. Tanto Zapatero, como o goberno Tripartito xoganse moito, diriamos que todo, neste paso e seguimos aguantando a comedia. Atopámonos no medio dun paradoxo, as forzas políticas levan os 18 meses, o tempo que leva o goberno tripartito no goberno, pelexado nun estatuto de autonomía do que CiU non quixo nin falar en 23 anos e no que o pobo catalán leva o mesmo tempo sen saber que é e para que sirve o dichoso âEstatutâ?. Iste é o estatuto da vergoña política e tamén o que di pretender achegar Catalunya a súa independencia. Digo que é o Estatuto da vergoña porque penso que algo funciona mal nun país cando os únicos temas que centran o debate son os simbólicos referidos a se Catalunya é ou non é unha nación e o debate sobre se Catalunyaâ¦leaseâ¦os empresarios catalás terán ou non terán máis cartos que xestionar. E que esta é arestora a nosa realidade, estamos metidos nun debate no que por un lado é imposible acadar máis poder porque algún imbécil convertiu a nosa carta magna nunha carta sagrada, eterna e inamovible e toda a nosa clase política aceptou a idea sen ter o mínimo sentido comun de non crer semellante tontería. Pero nonâ¦agora resulta que xunto coa Bíblia e o Coran, a Constitución Española é o terceiro texto sagrado escrito na historia deste mundo do que o mestre Valle-Inclán dixo moi acertadamente que era un esperpento. Maragall pendente de ZP por un lado e de ERC e máis CiU polo outro, CiU que non quere que lle toquen o seu espazo de poder, non ten interese neste estatut nin en que o Tripartit poida a aparecer como âo goberno do Estatutâ?, xa que iso demostraria que a esquerda catalá fixo máis por Catalunya en 18 meses do que CiU fixo en 23 anos de corrupción e clientelismo. E finalmente ERC enfrascado nos seus debates nominalistas simbólicos que non melloraran as condicions de traballo da nosa clase obreira pero convertiranos en obreiros oprimidos nunha nación con máis cartos para os que xa os teñen. En definitiva señores, a comedia continua, collan palomitas e acomodense que esto vai para largo.

This work is in the public domain

Comentaris

Re: A reforma dos Estatutos de Autonomía, unha comedia esperpéntica
28 set 2005
Como esto siga asi, ya solo nos quedara escoger entre dictadura caudillista y junta militar.
Sindicat