Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: altres temes
Galiza cheira a queimado
22 ago 2005
Inda non hai 48 horas que cheguei da miña viaxe de verán por terras galegas. Como os protagonistas dun dos curtos do documental “Hai que botalos� eu son fillo dun deses emigrantes galegos que tiveron que marchar do país pola miseria imperante e agora poden voltar a súa terra a pasar as vacacións do verán. Teño que puntualizar, para que o lector poda facerse unha idea, que estiven na terra da miña familia paterna un total de 5 dias e cheguei a unha soa conclusión, namoreime das terras galegas pero non dos galegos e galegas. Explicome. Como moitos deses emigrantes galegos que marcharon do país pra poder voltar en vacacións, eu escollin para a viaxe o mal chamado tren “estrella Galicia�, nome trabucado que non representa a realidade dese tren, estou seguro que moitos galegos e galegas estaran dacordo comigo. Pasei 16 horas nese tren tercermundista e cheguei sen ter podido durmir nin un minuto e desexando coller unha ducha e unha boa comida.

Da miña estancia en terras do país de Nunca Máis poderialles contar moitas cousas, entre elas que tiven a oportunidade de voltar as orixes da miña familia paterna, pero isa é outra historia que voume reservar para outra ocasión.

O máis impactante da viaxe foron e seguen a ser os lumes. Galiza queimase, unha vaga de lumes destroza o país sen que de momento os medios existentes podan acabar con este gravisimo problema medioambiental e social. Eu preguntome e fago extensiva a pregunta aos lectores: Por qué queima Galiza?. Por qué a comunidade Galega acepta como unha especie de maleficio divino que os seus montes cheos dunha riqueza natural excepcional queimen cada ano sen facer nada pra evitalo? Galiza cheira a queimado. Algo cheira mal cando alguns medios informan de que a primeira vaga importante de lumes coincidiu coa entrada no pazo de Raxoi do Presidente socialista Gonzalez Laxe e a segunda coincide coa entrada do goberno bipartito. Algo cheira mal cando os labregos do rural galego pensan que a forma de “limpar� os bosques ou de preparar os terreos para poder traballos é queimalos, algo cheira mal cando persoas desexosas de ter un terreo barato queiman as montañas do noso país coa conciencia clara de que un terreo queimado custa catro cartos, algo cheira mal cando Galiza non ten un plan de reforestación, conservación e recuperación de montes queimados e tampouco ten un plan de protección dos montes e de prevención de incendios, algo cheira mal cando Galiza ten máis pirómanos por metro cadrado co resto de paises de Europa xuntos. Non será que os chisqueiros de Galiza levan marca de empresa inmobiliaria? Estaran as grandes empresas de construcción e algun que outro partido limpando diñeiro negro contratando aos famosos pirómanos? Algo cheira mal cando non se ten conciencia de que a construcción dunha nación ceive non é nada sen os seus ecosistemas naturales. E que parte da nosa identidade é o noso capital natural.

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat