Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Anàlisi :: sense clasificar
Manifesto Túnin (ou Tuning)
07 jul 2005
ALIENADAS POLAS MÃ?QUINAS
gay-spiderman.gif
Non temos cartos pra poñer un sistema de alta fidelidade no lugar onde nos protexemos do vento e máis da chuvia, xa sexa casa, piso ou galpón. Somos precarias. Por iso témolo que instalar no veículo onde nos desplazamos (no espazo e no tempo) para gañarmos o pan de cada xornada.

Outra cousa é trocar un medio de transporte como é o automóvil nun feixe de altofalantes con rodas.

Porque a música é precisa. Precisamos música pra estimular un corpo e unha mente atrofiados pola rutina e mailo estrés. Precisamos bailar, movernos, soñar, voar... nunha palabra, vivir. Anque ás veces neste sistema (global) e/ou neste ¿país-estado-nación(territorio)? semella que o único importante na vida é o calvario, o sufrimento para acadar un paradiso que só existe nos nosos miolos; desprezando outros, físicos, reais, que temos a un tiro de pedra e nin lles prestamos atención. Será porque están ateigados de eucaliptos, ou porque pasamos demasiado tempo nos bares. Será cousa da cidade...

Pero hai moitas maneiras de vivir (iso dixo algunha vez Rosendo Mercado).

Nos países desenrolados vivimos rodeadas de máquinas prácticamente as 24 horas do día, e chegamos a tal punto de alienación hacia elas que non percibimos que están a esmorecer os bichos, as plantas, ..., as xentes. Namentres nós, os homínidos, outros bichos deste planeta, adicámonos a pulsar botóns e mover palancas. Aprendimos cedo na nosa infancia que se tocas a bocina do coche, sona, e aí nos quedamos, tocando a bocina e facendo barullo, polo simple feito de que quen temos á nosa beira, e sobre catro rodas, é outra persoa diferente a nós.

Tamén desenrolamos co paso do tempo a curiosa capacidade de non nos tocar entre nós, collendo en cambio a merda d@s cadel@s coa man enfundada nunha bolsa de plástico. Évos o que hai.

E como en toda regla, sempre hai excepcións, pero aínda así, as cidades seguen intercambiando xente do rural (IN) por monóxido de carbono (OUT) e outras sustancias nocivas para case calquera forma de vida. A entropía decidirá, se cadra... e se somos capaces de arranxar, que non parchear, o desequilibrio ambiental que comezamos coa revolución industrial. A ver se co proxecto ITER...

Cal é a regla e cal a excepción? �s veces eu, que tamén contamino (quén non o fai?), non son quen de discernir entre a unha e a outra.

Fálavos un marulo que cando se ergue na aldea mira un carballo e oe paxaros e cando se deita na cidade non escoita máis que ruido e maos tratos. E fágoo dende unha pequena cidade que ten por nome Vigo, non quero nen imaxinar como é a vida en Estambul, Mexico D.F., Berlín, Chicago ou Sâo Paulo, por poñer só algúns exemplos. Ainda que esta mesma semana falei cun carpinteiro alemán que me dixo que en canto ao tránsito, Tokyo era máis tranquila que Vigo, será certo?

Cómo se para isto? ou dito doutra maneira, cómo se ralentiza?

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Manifesto Túnin (ou Tuning)
07 jul 2005
no entenc re
Sindicat Terrassa