Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Juliol»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
          01 02
03 04 05 06 07 08 09
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: altres temes
o voto dos anarquistas
14 jun 2005
O voto dos anarquistas decide, un respeto seguimos levando un aire novo nos corazons e esiximos delegados con mandato concreto, cargos revocables e propiedade pùblica contra a democracia que nos venden por arriba, contra as fronteiras e contra o consumo idiota de cosuas inùtiles como casas baleiras e coches mortais de necesidade.
Saude dende chiapas a galicia pasando por bolivia rebelde contra o estado-capital e o seu dios, o diñeiro.
MA� EMPEZA HOXE ::
LOURENZO FERNÃ?NDEZ PRIETO
Nas vésperas dos tempos novos

ESTE ARTIGO ía titularse O voto dos anarquistas . Pretendía explicar como a experiencia histórica demostra que só se todos os que non votan habitualmente o fan podería materializarse o cambio político na Galiza. Dous indicios mudáronme o artigo. Un cualitativo e impresionista, pois case todos os anarquistas que conozo asegúranme que van votar. Outro cuantitativo e basado en datos, pois os inquéritos coinciden en que haberá unha grande mobilización electoral o próximo día 19 que, agás sorpesas, pode dar o triunfo ao BNG e ao PSOE. Cando falo do voto dos anarquistas , non me refiro só aos herdeiros directos daquela tradición anarcosindicalista que desapareceu na longa noite de pedra, senón tamén aos seus muitos herdeiros indirectos. A esa forma hipercrítica de aproximarse ou alonxarse da política que é máis doada de atopar na esquerda que na dereita.

Nos tempos da transición creouse un mito que, como tantos outros, a realidade desmentíu: que a esquerda votaba militantemente e a dereita era máis abstencionista. Un tópico tan absurdo como o de que Galiza está mui atrasada. Un deses mitos que impeden ver a realidade e, polo tanto, mudala. Non xaora, na esquerda son muitos os que deixan de votar -éche o que ten o espírito crítico!- porque non concordan co programa, co candidato, coa traxectoria, coa praxe ou coa idiosincrasia. De cote as razóns están ben fundamentadas, mais o resultado desas retesías tamén. Eses anarquistas son os que determinan tradicionalmente as maiorías de mudanza. De abril de 1931 a marzo do 2004 foron eles quen inclinaron democraticamente a balanza. A condición para arrincalos da abstención é que os partidos sexan quen de erguer abondo entusiasmo ou que a dereita sexa quen de concitar abonda oposición. Nesta campaña parece estar ocorrendo. O medo que mete a dereita parece unha broma pesada e a esperanza que apunta a oposición parece calar.

� espera do que digan as urnas, nosas señoras, as sondaxes amosan unha tendencia consolidada e firme de mudanza que non parece que vaia remitir. O voto oculto é pequeno e a porcentaxe máis importante de votantes dubidosos está no BNG, e non semellan tranvasabeis ao PP e, en menor medida, no PSOE, que tampouco. Estamos a piques de inaugurar unha nova etapa e o único que parece xogarse aínda é o tipo de cambio que haberá no país. O PP adiantou as eleccións contando cunha única esperanza: que as desavinzas no BNG actuasen como factor limitante das posibilidades da oposición. Na recta final da campaña semella que os estrategas erraron. Ademais, salvo pintorescas excepcións, PSOE e BNG non se agreden, nin pretenden buscar votos no celeiro do PP con propostas desas que ninguén cumple millor que o mesmo PP. Pola contra, insisten en propoñer un país novo e moverse por un cambio real, tranquilo e galego. Se non hai sorpresas, lograrán que os anarquistas, que só se moven se a garantía de cambio é real, vaian votar. Se isto fose así, quedarían por decidir os matices e a profundidade do cambio -ademais de conxurar as aventuras vázquez-cuiñistas-, en función da proporción de apoios que reciban Quintana e Touriño.


CARTAS AL DIRECTORDENUNCIAS Última hora24H Galicia
24H Deportes
+ noticias de última hora

::: ventana de titulares :::

Busca en lavozdegalicia.es:


Seleccione la fecha:

La última semana
El último mes
Los últimos 3 meses
El último año
En todo el archivo

Avanzado Buscar

• Cartas al director
• Envía tu denuncia
• Debate

Ã?lbumes
• Accidente en Japón
• Juegos para movil
• Mandato de Fraga
• Premios de la música
• Crisis en Ecuador
• Derrumbe en Vigo
Entrevistas
• Inés Ballester
• Fernando Vázquez
+ entrevistas





Tarifas publicitarias / publicidad ARROBA lavozdegalicia.es
© Copyright LA VOZ DE GALICIA, S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Contacte con nosotros: web ARROBA lavozdegalicia.es Auditado por

RM de La Coruña: tomo2413, folio84, hojaC-12502 CIF: B-15.482.177

This work is in the public domain

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more