Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Calendari
«Agost»
Dll Dm Dc Dj Dv Ds Dg
01 02 03 04 05 06 07
08 09 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

No hi ha accions per a avui

afegeix una acció


Media Centers
This site
made manifest by
dadaIMC software

Veure comentaris | Envia per correu-e aquest* Article
Notícies :: criminalització i repressió
Unha nova modalidade de acoso: gangstalking.
31 mai 2005
Penso que unha nova modalidada de acoso identificada noutras partes estáse a dar tamén En España e en Galicia. Traduzo unha páxina canadiense sobre o tema ó galego. Gustaríame contactar con víctimas ou "targets".
Fai poucos anos comezouse a dar en U.S.A. e en Canada unha modalidade de acoso descoñecida ata o momento. Un dos seus rasgos máis característicos é que o acoso é levado a cabo por grupos ou bandas organizadas de individuos, os membros das cales resultan descoñecidos para a súas víctimas que se ven, así, enfrentados a estranos que as abafan e parecen coñecelas. O fenómeno penso que se está a dar tamén en Galicia, onde coido que algúns incluso o interpretan como âun movemento popularâ? e intúo que poder estar a ser utilizado por bandas criminais e por rapaces, e tamén constituir unha forma de presión política. Traduzo unha das páxinas ó respecto, feita por Liza Parker, con bastante información sobre o tema.

Outra observación. Boa parte das conductas que se describen neste tipo de acoso, penso que pódense detectar no pais (España) e na comunidade autónoma desde fai algúns anos (ante todo, o âabsurdoâ? nas súas distintas facetas,o que os americáns engloban baixo o termo de âstreet theatreâ?, âteatro de rúaâ?: falar linguas que non existen, simular que o que se está a facer é unha actividade simulada, repetición de xestos e actitudes do outro, proliferación de âdoblesâ?, diferentes xogos orientados a inducir ó aillamento social), e estánse a vivir como âactitudes políticas reivindicativasâ?, unha especie de ânovo movemento socialâ? que alñutina ós desfavorecidos, parte da xuventude (e a quen queira apuntarse, claro), favorecendo, á larga, a âluz de gasâ? como táctica para obter postos de traballo, vivendas, e, en fin, vivir. ¿Cómo puido espallarse esta lectura dunha serie de conductas que configuran un proceso de acoso? ¿Cómo se expandiu sen difusión escrita, sen estar rexistrada en música, películas, etc. (que eu saiba)? Non o sei. Quizais por obra de grupos organizados, políticos ou criminais.

Eu penso que tanto no aspecto literal do tema, como neste último, chamémoslle âideolóxicoâ?, faría falta unha campaña de información seria para todalas idades, e todalas clases sociais.

WWW.GANGSTALKING.CA

Gang (ga[ng]):
    Grupo de criminais ou bandidos que se xuntan para a súa protección e proveito.

Stalk (stôk) :
    Seguir ou observar (a unha persoa) persistentemente, especialmente por obsesión ou loucura.

Gang stalkºing :
    Grupo de criminais ou bandidos que se xuntan para a súa protección e proveito, para seguir ou observar (a unha persoa) persistentemente, especialmente por obsesión ou loucura. Tamén coñecido como âcause stalkingâ? ou âvengeance stalkingâ?.

XENERALIDADES

O acoso por banda implica o uso de múltiples individuos para acosar, fustrigar e burlarse dunha víctima, así como esnaquizar propiedade privada. Segundo as víctimas, esto ten lugar durante moitos anos. Parece que unha vez que unha persoa é convertida en branco, manten a condición de branco durante toda a vida. O tema aparece tratado nesta reseña do libro de David Lawson Acoso Terrorista en América

Contra o branco úsanse técnicas de guerra psicolóxica nun ataque metódico e ben orquestado que con frecuencia deixa a persoa que sirve como branco como víctima do ridículo entre os amigos e familia porque o que ocurre é difícil de creer. Nembargantes ocurre, e o número de persoas convertidas en branco está a aumentar ó punto de que estas poden contactar e atopar que en todalas partes empreganse as mesmas tácticas. Estas tácticas, que tamén se empregan no âmaltrato sectarioâ? (ritual abuse?) teñen como obxectivo debilitar a persoa convertida en branco ó extremo do colapso físico e psicolóxico.

As razóns por las que unha persoa é escollida inicialmente como branco poden variar. Algunhas veces a persoa poder ser un activista político. Outras pode haber haber estado nún sitio equivocado nun momento equivocado. à parecer, incluso coñeceronse empresas que contrataron a estas âbandas de acosoâ? para silenciar a xente que fora empregada delas. Moitas veces estas âbandas de acosoâ? poden haber sido enganadas acerca do seu branco, pensando que quizáis a persoa é un depravado que debe ser expulsado da cidade. As razóns soamente as limita a imaxinación. En algunhos casos, segundo Lawson, a persoa non ten feito nada malo, pero é usada coma branco de adestramento o coma exemplo para mostrar a outros no grupo qué lles ocurrirá se o âtraizoanâ?. Isto serve para manter os membros destes âgrupos de acosoâ? atados ó grupo polo intenso medo de ser convertido en branco. à unha perspectiva aterrecedora porque os membros da banda son intimámente concientes de que as vidas dos seus brancos son completamente destruídas.

Moita xente pregúntase por qué entraría ninguén nunha actividade desta clase. A psicoloxía que hai detrás é, a lo menos en parte, que é unha forma de vinganza. Pode ser que os que perpetran o acoso pensen que causar dano físico a unha persoa é demasiado grave ou demasiado perigoso. De feito o dano psicolóxico pode ser unha forma moito máis efectiva de vinganza. Pode destruir a vida dunha persoa deixando poucas probas ou ningunha para incriminar os responsables.

Hai razóns engadidas para que isto continúe, xa que non cada un dos participan no acoso saberá por qué unha determinada persoa convirtiuse en branco. à claro polas expresións das caras dos acosadores cando atopanse cara a cara cós seus brancos que hai unha forma viciosa de pracer que eles obteñen de acosar a súa víctima. Gustalles o sentimento de âter o poderâ?. Coma calquera forma de comportamento relacionada có maltrato e a violencia, está é unha adicción que necesita ser alimentada, así que as víctimas poden seguir sindo brancos toda a vida. Si non seguisen, o número de víctimas novas necesario para encher as adiccións dos que perpetran o acoso podería atraer demasiado a atención. Non por elo menos, o número de individuos convertidos en branco está a aumentar. Tal é a natureza do pozo sin fondo dentro deles, sedento de emocións cada vez maiores. Para os acosadores, os seus brancos son soamente a súa presa, nun xogo que nunca remata. Pero non nos equivoquemos, calquera que sexa a razón detrás dél, este é un crime de odio (hate crime).

DESCRIPCIÃN DAS ACTUACIÃNS

Os tipos de actuacións que teñen lugar son con frecuencia sutís e as veces non poden distinguirse das cousas cotidiás normais que van mal. No caso dunha das persoas convertidas en branco, sen embargo, hay certos comportamentos que non son normais ou cotidiáns na súa natureza. Son as actuacións anómalas as que permiten á persoa convertida en branco saber que estan a ser acosadas. à un reino de terror psicolóxico que ten como obxectivo facer que a víctima pareza tola e mantenelo ou mantenela nún constante estado de ansiedade e tensión respecto ó que vai suceder.

En 1944 houbo unha película titulada âGaslightâ?, (âLuz de Gasâ?), acerca dun home que tentaba volver tola a súa muller. Dela derivouse o termo â¢â?gaslightingâ? (âfacer luz de gasâ?). Segundo Slang City, âfacer luz de gas a alguén e volvelo tolo provocandolle intencionadamente confusión. A expresión proven da película de 1944 âGaslightâ?, na a doce herdeira, Ingrid Bergman, casa có inquedante Charles Boyer, e este agarda conseguir a súa herdanza volvéndoa louca. Ãl convencea de que está a ver e ouvir cousas que non existen, incluindo as luces de gas (o que tiñan antes das lámpadas) que acendense e apaganse cando él non está na casaâ?. As sutís técnicas usadas para facer que a muller dude da súa propia cordura son as mesmas técnicas usadas por estes acosadores en grupo para enervar o branco. Para ver unha reseña feita por Eleanor White dun libro sobre o tema clicar eiqui.

Os acosadores, por exemplo, (parece que sempre teñen acceso as casas dos seus brancos) poden as veces entrar na casa mentres o branco está fora e mover algunhas cousas un pouco. O branco ten a impresión de algo está mal, pero non pode sinalar claramente qué cambiu. Esta é unha clara ilustración de que esta actividade é un xogo do gato e o ratón psicolóxico e ten pouco que ver con ningún tipo de dano palpable que poida ser causado (como quemar a casa de alguén ou robar obxectos de valor).

En algúns casos o branco non sabe que está sindo utilizado como branco. Só parece coma si o mundo estivera cheo de xente moi maleducada e todo o que él/ela tivese romperase constantemente (âmala sorteâ?). Segundo Lawson os acosadores non necesitan que o branco saiba que el/ela ten sido convertido en branco para satisfacer a súa necesidade interna de ter o poder.

EXEMPLOS DE ACTUACIÃNS

â      Espallar repetidamente lixo no cespede do branco. Non enormes cantidades, si non, por exemplo, unha cousa todolos días â envolturas de caramelos, latas de bebidas, vasiños de café, etc.

â      Que aparezan símbolos de grupo, con frecuencia cunha vinculación satánica, como un pentáculo , cerca da casa do branco.

â      Comportamentos hostís de persoas cando o branco vai caminando,(facerlle a figa ou xestos parecidos cas mans).

â      Coches aparcados no exterior da casa do branco, con frecuencia con persoas dentro sin facer aparentemente nada. Nun incidente que me ocurriu fai pouco unha limusina estaba aparcada no exterior da miña casa (xustamente en fronte dunha escola elemental) có conductor dentro e o motor a funcionar. Eu estaba cruzando a rúa desde a casa para ir á escola e tiña ó conductor á espalda, pero puideno oir xirar o coche nun xiro e U moi rapidamente. Cando subía as escaleiras da escola oín a bucina. Dinme a volta e estábame facendome a figa mentras se alexaba. Nota: o coche estaba aparcado cando deixei a casa e afastouse despois de que o conductor me fixera o xesto. ¿Qué estaba facendo aparcado alí? Evidentemente estaba esperando a facerme o xesto. Só dous días mais tarde, un rapaz que camiñaba pola rúa sostivo a man diante da miña cara e chasqueou os dedos para obter a miña atención. Cando lle mirei, fixome tamén a figa.

â      Outra actuación é que os veciños partan ou cheguen ó mesmo tempo que o branco. O outro día deixei a miña casa a pé e había unha muller dobrando a esquina mais próxima á casa. Estivemos camiñando a unha cara á outra, e eu crucei a rúa queriendo poñer un pouco de distancia entre min e ela (en algún nivel percibimos a miudo que unha persona é un acosador incluso antes de que fagan nada abertamente). Sen perder un instante, tamén ela cruzou inmediatamente a estrada (o modo en que o fixo producía a impresión de que estábame a imitar porque eu crucei moi de repente e ela viño detrás dun xeito repentino e brusco) . No lado da rúa onde eu crucei non había nada excepto a escola (que a muller pasou de largo), de modo que non había razón para comportarse así. Atopei esto lixeramente agresivo, pero non pensei nada acerca disto ata que estiven camiñando de volta a casa un cuarto de hora mais tarde e ela estaba outra vez en fronte da casa, camiñando cara a mí no mesmo lado da rúa, pero desde a dirección oposta. A víctimas informan repetidamente deste tipo de comportamento â incluida a conducta imitativa.

â      Algo que acontece con frecuencia e ter a xente mirando fixamente ó branco cunha mirada de través ou burlona, normalmente cún sorriso na cara. Esto non é un incidente aillado, sinon que acontece varias veces ó día.

â      As persoas convertidas en branco informaron de ter a xente dicindolles cousas referidas demasiado específicamente a algún aspecto das súas vidas. Eu estiven recentemente discutindo con varias persoas a posibilidade de aconsellar a persoas elexidas como branco, xa que teño a formación para iso. Indo ó cine, alguén díxome en voz alta ó pasar ó seu lado, â¡Ti podes aconsellarme cando queiras!â?

Un branco dixo que estivera falando por teléfono coa súa filla dos imáns que hai no interior do refrixerador, e despois recibiu unha chamada dun descoñecido que díxolle :â?Así que tes imans no refrixerador.â? Outro branco informou de que un completo descoñecido sabía o nome do seu can âDustyâ? e dixeralle entre dentes, dun xeito ameazante, que apenas podíase oir: âPreferiría ter a Dustyâ?. Isto é un modo altamente efectivo de deixar saber ó branco que está, de algunha maneira, baixo vixilancia, sin facer de feito nada ilegal.

â      Moitos brancos informan de que os seus animais ou parecen poñerse moi enfermos e morrer por causas non coñecidas, ou son directamente asasinados (i.e. cún arma). En cada caso, o branco deixou o animal só e ó tornar atopou o animal moi enfermo ou morto.

â      Xente cerca comportándose dún xeito absurdo. Os brancos informan de que atopan âtolosâ? que acheganselles e gritanlles. No meu caso eu vexo un vello de 55 anos de raza caucásica vestido como un ârapaz do barrioâ? de 13, con xigantescos vaqueiros con bulsas, acaneandose ó pasar. à unha visión absurda si un dáse conta de que a persoa vestida dese xeito ten o pelo gris. Enervar a persoa elexida como branco e chamar a atención sobre eles mesmos é o nome do xogo.

â      Intenso acoso mentras se conduce â todolos xestos de mala educación que se poidan imaxinar na estrada, excepto que iso ocurre cada unha das veces que o branco sai. Isto inclúe arrimarse ó teu coche por detrás, cortarche o paso e outros xestos hostís.

â      Os brancos informan de que os acosadores intentaron botalos da estrada. Esta tamén foi a miña experiencia. As persoas normais non atopan conductores que afastanse a eles por detrás a moita velocidade e despois pisan con forza os freos, derrapando por detrás do sseu obxectivo. Cando isto me ocurriu (a finais do ano pasado), chamei ó 911 no teléfono móbil e o conductor púxose a miña altura e intentou empurrarme a un lado, ¡Estando eu ao telefono coa policía! Despois de case chocar contra min en varias ocasións, fixome a figa (outra vez) e afastouse.

â      Poñer xente en localizacións estratéxicas para âvixilarâ? ó branco. Un dos brancos informa de atopar persoas vestidas con córes fixos como sinal de quén son. Isto non é moi diferente do vello vestido coma os rapaces. à unha forma sutil de conseguir a atención do branco. Sen embargo ó branco non lle leva moito tempo ser capaz de distinguir ós que o acosan antes de que ocurran as conductas. En algúns casos hai en torno deles un aire de chulería que é a miudo acompañado por contacto ocular directo â pénsese nos rapaces â por millor dicir, demos â cós bastóns de jockey na película titulada âDogmaâ? e se terá unha idea do modo no que esta xente condúcese. Este non é sempre o caso âtamén está o caso como o da muller imitándome na rúa, que tiña unha expresión vacía, como de zombie na cara. Esto é mais común cando están a ter lugar accións directas, de xeito que o branco non sabe con certeza si a persoa é un acosador o trátase só dun deses incidentes que ocurrirán tan a miudo que non se mencionan siquera. A expresión achulada acompaña normalmente ó mirar fixo sen actuación aberta. Mantendo as actuacións sutís, o branco é mantido na confusión e con dúbidas sobre eles mesmos e a súa cordura.

â      Moitos brancos informan de repetidos problemas cos seus coches ou outras máquinas. Cando o meu coche era ainda novo, con só 50.000 kms., tiven que facer que me desmontasen o motor e o precio foi de 2,400$. Ocurriu, dun xeito bastante raro, aproximadamente un mes despois de extinguirse a garantía.

â      Moitos brancos sospeitaron que âfalsosâ? obreiros foron envíados as súas casas. No caso dunha das víctimas, esta tiña mais que só unha sospeita despois do seguinte incidente. A muller conta que concertara unha limpeza de ventás cunha empresa que xa contratara en outra ocasión. Cando a compañía lle telefonou e lle dixo que andaban a pechar e lle podían enviar outra empresa en vez deles, ela sintiu aprehensión, pero aceptou. Cando as persoas chegaron a súa casa comezaron un elaborado xogo de intentar desmoralizala dicindolle que unha muller esmorecera no xardín traseiro. Isto non tiña sentido para ela e non lles respondiu. Despois de algúns intentos mais de facela ir ó xardín traseiro, escoitoulles falar acerca de cómo matala. Cando colleu o teléfono para chamar a policía, os âlimpiaventásâ? fuxiron.

â      Apremar e acurralar a unha persoa cando está fora da casa, i.e. ter a xente entrando no âespacio persoalâ? desa persoa. Eu tiven recentemente este problema cando comecei clases de aerobic. Alguén na clase andábase a achegar demasiado cerca de mín, i.e., a unhas poucas polgadas de distancia, movéndose ata 10 pes a través da habitación para seguirme. Cando lle pedín que me deixara un pouco de sitio, ela dixo, â¡Móvete ti!â? Despois de que eu me movín, ela se afastou de onde había estado apremándome deixando un oco de 20 pes, pero, tan pronto como volvín alí, ela volveu tamén inmediatamente. Foi un tipo de comportamento pasivo/agresivo, sutilmente hostil que recordaba o modus operandi (MO) dos acosadores.

â      Destrucción ou roubo de obxectos que teñen valor sentimental para ó branco. Por exemplo, eu non levo xoias excepto un anel de zafiro que deume o meu pai. Un día o anel desapareceu e nunca o vin outra vez.

â      Os brancos a miudo loitan con problemas de saúde â fatiga extrema, mareo, dores de cabeza, dor abdominal e muscular. Ainda que a tensión pode ser a única razón, pode haber tamén outros factores involucrados, incluíndo un componente electrónico do fustrigamento. Si se pensa que este é o caso, ver âfustrigamento electrónicoâ?.

â      âCegueira con lucesâ?, unha táctica do acoso sectario e unha forma de tortura. Supon dirixir luces brillantes sobre o branco â ou desde coches que se achegan ou desde casas veciñas. Desde que eu fun consciente de que estaba a ser acosada, en cada un dos sitios onde residín (tres incluíndo a miña propia casa da que fuxin), houbo unha casa próxima cun foco dirixido cara a ventá do meu dormitorio. Nun caso eu sabía con seguridade que o veciño non era un acosador. Sen embargo, o único que se necesita é que alguén reoriente as luces do exterior da casa de alguén- o acosador non ten, de feito, que estar a vivir alí. Tamén, si estou a camiñar cara a casa despois de anoitecer, 9 de cada 10 veces haberá un coche aparcado na rúa (no mesmo punto sempre) coas luces encendidas e cara a mín. Se afastara cando me achego.

â      Apremar ou acurralar con coches. Experimentei isto a pé, camiñando cara a casa. Haberá un exorbitante número de coches nunha pequena rúa lateral que eu baixo. Isto ocurriume tantas veces que xa non é unha coincidencia. A última vez eu estaba a camiñar por esa rúa, meu fillo estaba conmigo e eran cerca das 11 da noite dun Mercoles. Sin que houbese mencionado as miñas suspeitas, meu fillo dixo, âVaia, hai moitos coches por eiquí para ser tan de noiteâ?. Estábamos na rúa sospeitosa cando o dixo. (Un dos extremos da rúa non ten saída, e todolos coches iban cara alí. Nunca me parei a ver que facían cando chegaban, terei que facelo a seguinte vez.) Outras persoas experimentan isto cando van no coche â algúns informaron de ser rodeados por un convoi de vehículos.

Moitas das actuacións de enriba son mencionadas no libro de David Lawson, Terrorist Stalking in Acoso Terrorista en América.

Tamén, ver dous artigos aparecidos no TorontoToronto Star Star acerca do comportamento típico da vixilancia grupal extremista. [O Toronto Star é un respectado xornal convencional.

Hai outras conductas tamén, e irei engadindoas a lista, conforme as vaia recordando, ou se me escriba con conductas que non incluín.

SENSIBILIZACIÃN : CÃMO OCORRE?

Débese ter coidado ó asumir que outras persoas sexan acosadores. Hai que familiarizarse có concepto de âsensibilizaciónâ? porque é así cómo se é condicionado.

à como unha ringleira de fichas de dominó, onde soamente hai que empuxar a primeira para que o resto caia só. Estas persoas andan a tirar proveito da psicoloxía humana. Porei un exemplo.

Por un período de tempo, quizais un mes, envian moitos cómplices xunto a un con ordenadores portátiles. Fan algunhas cousas obvias como mirarte fixamente por moi longos períodos de tempo, o sorrir burlonamente para obter a túa atención, ou incluso fan estranos movementos de mans â algo fora do ordinario para captar a túa atención. Como resultado desta campaña de ataque, os ordenadores portátiles chegan a asociarse cós acosadores na túa mente. Esta foi a intención dos acosadores. Ti estás agora sensibilizado. (A primeira ficha de dominó foi empurrada polos acosadores).

Despois de isto, eles poden reducir o número de xente xunto a ti que estea a levar ordenadores portátiles ata o punto de parar completamente. Isto é porque agora ti asumes que calquera levando un ordenador portátil é un acosador. (O resto das fichas de dominó caen soas). O problema é que unha certa parte da poboación leva naturalmente ordenadores portátiles. Sen embargo, si eles te condicionaron tan ben que te esqueces diso, vas a estar ansioso cada vez que vexas un estraño cun ordenador portátil. Cantos mais ordenadores portátiles vexas, máis alto subirían a túa ansiedade (e a túa colera). Si estás moi tenso, eles poden ter a ventaxa engadida de verte atacar a alguén que leve un ordenador portátil. E quizáis incluso conseguir acusarte de algo. à final non importa si esa persoa é un acosador ou non â ti estás condicionado a pensar que o é.

Isto aplícase a calquera clase de condicionamento. Poderían ser furgonetas brancas ó respecto das que eles te condicionaran. Poderían ser camisetas roxas ó respecto das que eles te sensibilizaran. Non importa, porque, unha vez que ti estás sensibilizado, TI serás o teu peor enemigo.

Por outra parte hai actividades deseñadas específicamente para facer saber ó branco que alguén pertece ó grupo dos que o acosan. Eles necesitan facer isto para que o branco saiba que está a ser acosado. Por exemplo, supoñamos que por certo tempo o branco vira por todas partes persoas que levaban brúxulas e despois parara. Isto non é sensibilización, porque practicamente non hai sector da pobación que leve brúxulas con él e as empregue aleatoriamente en público (non estamos nun camping nin nunha reunión de scouts na que isto ocurra). Así que, cando se ve a alguén utilizando brúxula, es para facer saber que esa persoa é un acosador. Sería verdaderamente raro que alguén usase unha e non o fora.

Igualmente alguén que me fai a figa ten o 99% de posibilidades de ser un acosador, porque eu non estou a facer nada que o provoque, como conducir dun xeito agresivo ou siquera ollar con desaprobación a ninguén (isto é forzar un pouco as cousas, pero só quero por de manifesto que non é unha figa provocada).

Temos que estar constantemente a vixilr para distinguir entre un intento de sensibilización e unha aberta declaración de que alguén é acosador. As duas cousas non son o mesmo.

¿CÃMO PODEMOS COMBATER ISTO?

A única maneira de combater isto é xuntándonos e apoiandonos entre nos. Mantendo as víctimas ailladas, os acosadores ten pouco medo de que as súas actividades sexan descubertas. Pero xuntos temos forza. Pouco a pouco podemos aumentar a conciencia no público de que isto está a suceder. En círculos terapéutos a isto chamaselle ânormalizarâ?. à o que ocurre cando alguén di, âEstá ben que digas que estás a ser acosado porque está a ocurrirâ?. Noutras palabras, algo considerado âanormalâ? polo público escéptico vólvese normal polo peso das nosas testemuñas. Como as mulleres que un día estaban demasiado avergoñadas para dicir á xente que foran violadas porque carrexaba un serio estigma social, as persoas que están a ser obxecto dun acoso por banda son imediatamente vistas como tolas sen que se lles dea o beneficio da dúbida. O que nos dará a credibilidade e o recoñecemento o que temos dereito é a ânormalizaciónâ? da idea de que o acoso por banda está a suceder.

Hai risco na asociación pola tendencia natural dos acosadores a abafar as víctimas, pero non podemos deixar que iso nos deteña. Doutro xeito quizais teñamos que esperar moito tempo para que se nos crea, si chega a ser o caso.

Hai un foro electrónico creado por Eleanor White
(http://www.multistalkervictims.org/ Eleanor é unha entregada activista que traballa incesantemente para facer chegar á xente o que está a ocurrir. Visitar o seu site para obter instrucción para unirse ó foro.

No meu outro site acerca do Acoso Electrónico: http://www.eharassment.ca/, creei unha asociación de víctimas para axudar a xente a entrar en contacto. Case tódalas víctimas de acoso electrónico son tamén víctimas de acoso por banda. Non estou segura de ata qué punto o contrario é certo. Falei con moita víctimas de ambolos dous.

Websites:

-     Víctimas de Acoso-Múltiple: http://www.multistalkervictims.org/ (cún foro en yahoo).

-     Cidadáns Contra O Acoso Comunitario e Tecnolóxico:
http://www.c-a-t-c-h.ca/

-     Deter a guerra encuberta: http://www.stopcovertwar.com/

ARTIGOS SOBRE O ACOSO POR BANDA E TEMAS RELACIONADOS:

-     De Pronto Ten un Nome: Acoso por Banda.

-     ¿Por qué? ¿"Acoso por banda?" Quizais?

-     Asociación de Información sobre o Acoso Psicolóxico

GRUPOS DE DISCUSIÃN:

(1)     Acoso âde causaâ? : http://groups.yahoo.com/group/Cause_stalking/

(2)     Acoso por banda : http://groups.yahoo.com/group/gangstlaking/

(3)     Violencia Electrónica : http://groups.yahoo.com/group/Electronic_Violence/

(4)     multistalk â para víctimas de acoso âpor bandaâ?. Non se permite o debate de temas relacionados có acoso electrónico.

(5)     mcforums: para víctimas de control da mente e víctimas de acoso electrónico e acoso âpor bandaâ?. Para máis información ver: http://www.mimndcontrolforums.com/ (Nota: Neste foro é frecuente a violencia verbal: ser cauteloso).

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Unha nova modalidade de acoso: gangstalking.
31 mai 2005
quina por

Ja no es poden afegir comentaris en aquest article.
Ya no se pueden añadir comentarios a este artículo.
Comments can not be added to this article any more