Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: guerra
Espid*s contra o desfile
28 mai 2005
Hoxe ao mediodia 60 persoas interpuxemos os nosos
corpos nos engranaxes comunicativos do poder, que
repetiron constatamente as bondades do exército, a
espectacularidade da súa presenza na cidade e a
práctica inexistencia de disenso social sobre o
asunto. Non sei se logramos ou non quebrar esa imaxe
comunicativa, pero o que non poderemos negar é que o
pasamos moi ben (o cal, por certo, tamén é un
obxectivo da acción política alternativa).
Ante o desfile ficamos espid@s.bmp
ANTE OS EXÉRCITOS ESTAMOS ESPID*S
ACCIÓN NUDISTA CONTRA O DESFILE MILITAR
Sábado 28 maio, 14:00 h., Parque Monte San Pedro (A Coruña)

Ante os exércitos, expresión da violencia absoluta, as persoas experimentamos unha indefensión igualmente absoluta. Como metáfora desa indefensión absoluta, interpuxemos os nosos corpos espidos, plenamente vulnerábeis, deseñando o lema ‘ DESFILE NOM !’, nunha acción que foi retratada por vári*s fotógraf*s galeg*s e o fotógrafo portugués que traballa co nome artístico de Luther Blisset.

    Os exércitos son unha lembranza dun pasado imperfecto. Desde que unha soa arma ten a posibilidade de acabar co Planeta no seu conxunto, os exércitos se convirten en algo plenamente superfluo. Asemade, na orde imperial na que vivimos, os exércitos dos ‘estados-nación’ son a mellor imaxe da prescindibilidade. Un gasto social sen función algunha.

    Sen embargo, os exércitos son algo máis que obsolescéncia pura. Son a institución que maior grao de violencia ten conxugado ao longo da História. Coas súas armas do presente, son a expresión da violencia absoluta. Se ben no plano imperial son unha ferramenta capital de construción da orde do capitalismo global oligárquico, no plano do ‘estado-nación’ continúan constituíndo-se como acumuladores e difusores de valores contrários á liberación humana: a xerarquia, a obediencia acrítica, o sexismo-patriarcalismo-heterosexualidade, o control social, a imposición de determinados marcos territoriais-fronteirizos.

    Se ben os exércitos dos ‘estados-nación’ están nunha crise evidente –ver taxas de alistamento no exército profesional-, a sensación que frente a eles experimenta a cidadania non é simplesmente a desafeción. Como expresión simbólica da violencia absoluta, as persoas atopamo-nos frente a eles nunha situación de indefensión absoluta. Por iso ante os exércitos estamos espid*s, porque frente a eles non hai armas, só os nosos corpos, sen engadidos, de seres que rexeitamos a orde imperial, en todas as súas ramificacións territoriais. Igualmente indefens*s estamos ante os fenómenos que acompañan estas festas militares, sinaladamente os dispositivos de control social intensivo que levamos semanas vivindo na cidade, un control social que é cada vez más constante, continuo e ubicuo, e, frente aos sanos mecanismos de xestión da convivencia que toda sociedade ten, crecentemente sustentado en dinámicas policiais.

Esa indefensión e ese rexeite é o que hoxe, sábado 28 maio, expresamos nesta acción, coincidindo coa celebración na cidade da Coruña dos actos militares do dia das forzas armadas. Diremos máis unha vez que ningún exército garante a seguridade ou –menos aínda- a xestión pacífica dos conflitos.

ASEMBLEA ABERTA CONTRA O DESFILE MILITAR

This work is in the public domain
Sindicat Terrassa