Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: corrupció i poder
19-X Especial Eleccións Galegas 2005 en Sants3radio. Programa Especial
15 mai 2005
ESPECIAL ELECCIÓNS GALEGAS 2005 EN SANTS3RADIO

Informovos ainda que alguns xa o sabedes, que o vindeiro 19 de Xuño en Sants3radio imos facer un especial ELECCIÓNS GALEGAS 2005. Dende as 19:00 deica as 22:00 hs, en Sants3radio construiremos unha ponte radiofónica coa nosa terra pra seguir en vivo e en directo todo o proceso electoral.

Para contactar con nos, podedelo facer de dous xeitos, duas formas:

Podedes sintonizarnos no 103.2 da FM os que vivides perto da emisora.

E para os que queirades escoitarnos sen problemas dende a vosa casa, podedelo facer dende internet entrando en www.sants3radio.com

Entrando na web, na parte superior esquerda da páxina principal, atoparedes un link onde pon "en directe". Clicando neste link podedes escoitarnos.

Lembremos, 19 de Xuño, dende as 19:00hs deica as 22:00hs da noite, en sants3radio, ESPECIAL ELECCIÓNS GALEGAS dende SANTS3RADIO. Programa especial co equipo habitual do programa GALIZA...ALGO M�IS e coa colaboración do resto de equipos de programas de ERGaC (ESPAZOS RADIOFÓNICOS GALEGOS EN CATALUNYA).

Contamos coa colaboración de importantes analistas políticos, xornalistas, enviados as sedes dos partidos galegos e catalans, as opinións dos galegos nas principais cidades cos nosos enviados especiais. E a partir do momento no que comezen a aparecer resultados teremos as reaccións en directo dos partidos galegos, a primeira reacción dende Galiza e mesmo dende Catalunya.

Formas de Participación:

O programa conta coa voz dos ointes, podedes participar a través de:

O noso enderezo electrónico de programa: galizaalgomais_ergac ARROBA yahoo.es

ou chamando ao teléfono do directo: 93 298 19 19

Durante todo o programa nos leremos os correos que cheguen a nosa dirección de programa e daremos voz as chamadas que os ointes fagan en directo.

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat