Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: antifeixisme
Habemus Papam
05 mai 2005
HABEMUS PAPAM,RATZINGER Z

POR MARTÃ? AVIÃOÃ?
Cando aínda non pasou un mes da morte do Papa Xoan Paulo II, o pasado día dous de Abril, os católicos xa poden afirmar contentos que HABEMUS PAPAM. Semella que todo foi moi rápido, moi precipitado, porque segundo as informacións que aparecían publicadas nos medios nos dias posteriores á morte do anterior Papa, o famoso Conclave podía chegar a durar uns 20 días, e só durou día e medio, o que me leva a pensar que este Papa estaba xa máis que decidido e sentáronse a facer unha fumata de marihuana, pensando, âcando rematemos o cargamento de hachís, saímos e facémolo oficialâ?. E claro, o que pasa cando un se pasa coa fumata, que despois non acertaban cos productos pra blanquear o fume, cousa que provocou un certo histerismo no público presente na Praza de San Pedro. Temos que recordarlles que, para blanquexar o fume poderían empregar as mesmas técnicas que a Igrexa leva empregando séculos para blanquexar o diñeiro e que parece que lles funciona mellor.

Sí, amigos meusâ¦HABEMUS PAPAM, e non vexas co ânovoâ?. Sí, porque él non se decata pero non vai ser chamado polo nome, non. Durante os primeiros anos vai ser âo novoâ? ou se non mirade o goberno de ZP e de Maragall, que xa levan unha tempada longa gobernando, ou iso din, e nos medios aínda están a falar do ânovo goberno do Tripartitoâ? ou do ânovo goberno de ZPâ?.

âO novoâ? é un Cardenal de 78 anos, da á máis reaccionaria do Vaticano, poderíamos dicir que é continuista en relación coa obra de Karol Wojtyla, pero en segundo qué cousas semella que é ainda máis reaccionario do que foi o anterior Pontífice.

O sucesor de Karol Wojtyla chamase Joseph Ratzinger, de orixe alemá. Dogmático e enemigo do diálogo e do respeto ao que el chama âa ditadura dos relativismosâ?, participou de pequeno nas Xuventudes Hitlerianas e combateu nunha unidade antiaérea do Exército Nazi durante a Segunda Guerra Mundial, do que, segundo fontes oficiais que nos últimos dias foron pulindo de elementos delicados a súa biografía, máis tarde desertaria.

No ano 1981, Xoan Paulo II designou a Ratzinger para dirixir A Congregación pra a Doutrina da Fe, o organismo do Vaticano coñecido por ser a continuidade da Santa Inquisición.

Ratzinger, á parte de ser un tipo con cara de poucos amigos, escolleu un nome que ninguen vai lembrar, Benedicto XVI. En realidade é Bieito XVI, pero o cultismo derivado do latín, que segue a ser a lingua oficial do Vaticano, leva a que o nome sexa Benedicto XVI⦠A ver Papa⦠a ver⦠como que Benedicto⦠tio é un nome de mal rollo do que ninguen se vai lembrar, santidade, ten que ser máis enrollado, achegarse á xuventudeâ¦nada de Benedicto⦠Bieito ou Beni⦠Beni o âabuelo cebolletaâ?.


Porque claro⦠así cando estea coas Xuventudes Cristiás facendo o botellón co viño de misa e o aperitivo co pan das ostias, non lle chamaran Benedicto ou santidade⦠non⦠vai ser âeh⦠tio Beni⦠si... ti ti⦠o da boina e mais a sotana⦠trae o viño⦠e acaba xa de liar o porro home⦠por Deus⦠que queremos facer a fumataâ?.

Pero entre tantas alegrías tamén hai voces críticas e decepcionadas, tanto entre católicos âprogresistasâ? como entre ateos. Porque este Papa, Benedicto XVI, é un tipo que dixo cousas como que lamentaba que os que "teñen unha fe clara, segundo o credo da Igrexa", sexan etiquetados de "fundamentalistas", acusación da que elâ¦â?sorprendentementeâ? foi víctima de forma recurrente. Eu non consigo entender por que. Cargou contra ideoloxías e correntes doutrinais e logo cargou contra o marxismo, o liberalismo, o colectivismo, o individualismo e mais o sincretismo. Tamén afirmou que as parellas que se divorcien e logo volvan a casar teñen que ser excomulgadas, que non só os homosexuais non poden nin casar nin adoptar, senon que non poden nin existir por ser, segundo palabras textuais suas âunha desviación obxectivaâ?. Tampouco se poden empregar os preservativos nin as pastillas âdo día despoisâ?.

Para rematar, este Papa coñecido como âO Gardián da Ortodoxiaâ? chegou a afirmar que os abusos a menores por parte de curas non existiron nunca, que únicamente son âun malentendidoâ?. Ou sexa que se algunha víctima de violacións por parte de curas le este artigo que saiba que cando foi obrigado a âdar pracer aos traballadores de Deusâ? non foi violado nin foi víctima de abusos ilegais e ilexitimos, nooon⦠non o entenderon ben⦠en realidade tiveron a oportunidade de participar no OPUS DEI, é dicir, na obra de Deus⦠todo un privilexio.

Xa vedes, amigos meus que podemos estar contentos. Este Papa vai dar material aos actores, aos humoristas e máis aos periodistas do alternativo. E os ateos temos que estar contentos, porque Papas coma este garanten que, en poucos anos, a Igrexa vai perder a pouca clientela que lle queda e finalmente poderemos vivir tranquilos sen a influencia e a moralidade hipócrita dos talibáns da cruz. Vai ter razón San Malaquías, pensador do medioevo, que fixo a predición de que o Papa que viría despois de Xoan Paulo II ía ser o último Papa da historia da Igrexa, logo del, a Institución ía desaparecerâ¦será verdade?

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Habemus Papam
07 mai 2005
Tú si que vas a dar que hablar a actores y actorcillos con esta lengua varnácula. Habla en cristiano. Y lo de Razinguer Z está ya gastao hombre , que das pena , más respeto al papa. Rezaré por tu alma , paluro.
Sindicat Terrassa