Imprès des de Indymedia Barcelona : https://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: @rtivisme : antifeixisme
Hai que Botalos!!!!...Curtametraxe polo cambio político na Galiza en Barcelona. Necesitamos galegos e galegas
10 mar 2005
HAI QUE BOTALOS!!

Moi boas a tod@s.

Un grupo de persoas galegas estamos a realizar aquí en Barcelona unha curtametraxe que se enmarcará dentro do filme "Hai que botalos", película combativa que tenta retomar o concepto de "Hay motivo", é dicir, facer
un documento que expoña as razóns que fan necesario un cambio de goberno en Galicia.


A nosa curta trata sobre as ínfimas oportunidades que o goberno da Xunta da á mocidade galega de acadar un posto de traballo, e tenta criticar concretamente as políticas do Plan Labora, a Hipoteca xove e os microcréditos para xoves emprendedores. A óptica dende a cal tratamos estes temas é dende a emigración, ou dende fóra, como prefirades dicir.

Queremos facer unha toma xuntando ó máximo número de galeg@s "exiliad@s" en Barcelona, o día 19 de marzo, sábado, quedando ás 15:30 na parada do metro Glories (Liña vermella) na saída "plaza das glorias catalanas" para facer unha bonita estampa co pirulí detrás.

Se che interesa a proposta, rogámoste que te unas a ela, xa que canto máis bulto, mellor quedará a toma e máis potente quedará. Se queres informarte mellor do tema, podes consultar a páxina arredemo.info para saber algo da película, ou contestar a este mail ou chamar ó número 657 626061 para concretar máis a información da convocatoria.

Un bico, gracias por colaborar, e pásao a quen creas que lle poida interesar. Please, achégate, vai ser divertido.

Hai que botalos.

PTT    
Guiti
Mera        
Isa
Aurelio     Carlos

This work is in the public domain

Comentaris

Re: Hai que Botalos!!!!...Curtametraxe polo cambio político na Galiza en Barcelona. Necesitamos galegos e galegas
10 mar 2005
un cambio de gobierno en galiza... para meter al PSdeG y BNG? Me kedo con el cambio en galiza cuando gane Nós-UP! Galiza ceive e socialista!
Re: Hai que Botalos!!!!...Curtametraxe polo cambio político na Galiza en Barcelona. Necesitamos galegos e galegas
24 abr 2005
Que pena que non me enterara antes do da foto. Eu son un mozo que traballa na comarca de Osona. Se vedes que vos podo botar unha man, poñédevos en contacto conmigo.
Sindicato Sindicat