|
Notícies :: un altre món és aquí : corrupció i poder : criminalització i repressió |
Mor als 83 anys Peter Benenson, Fundador de la ONG Amnistia Internacional
|
|
per Comunista |
27 feb 2005
|
OS DEREITOS HUMANOS DE LOITO
Morre Peter Benenson, fundador de Amnistía Internacional
26/02/2005
O avogado británico Peter Benenson, fundador de Amnistía Internacional (AI), finou o pasado venres en Oxford aos 83 años de idade tras unha longa enfermidade. |
Peter Benenson, fundador de Amnistía Internacional, faleceu o pasado venres como consecuencia dunha longa enfermidade, segundo confirmou Irene Khan, secretaria xeral da organización de defensa de Dereitos Humanos.
Benenson fundou Amnistía Internacional en 1961, tras ler unha información sobre a detención e condea a sete anos de cárcere de varios estudantes portugueses que brindaran pola liberdade no seu país nun café lisboeta.
Para chamar a atención da opinión pública, publicou un sonado artigo –Os presos esquecidos– no The Observer o 28 de maio de 1961 que é considerado como o manifesto fundacional de Amnistía Internacional. Con anterioridade, Benenson participara en distintas campañas solidarias como a acollida de orfos de la Guerra Civil española o o traslado de xudeus fuxidos do nazismo ao Reino Unido.
Desde a súa fundación hai corenta e catro anos, Amnistía Internacional combateu as violacións dos dereitos humanos en todo o mundo, tarefa que foi recoñecida coa concesión do Premio Nobel da Paz en 1977 e o Premio dos Dereitos Humanos da ONU en 1978. Actualmente, AI é a maior organización mundial na defensa dos dereitos humanos con case que dous millóns de activistas. |
This work is in the public domain |