Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494
Notícies :: altres temes
Galiça Algo Máis sábado 4 de Decembro do 2004
03 des 2004
Tots els dissabtes de 17:00 a 18:00 de la tarda teniu una cita amb Sants3Ràdio i el vostre Programa Gallec, Galiza...Algo Máis.


Este sábado teremos connosco a Oscar Beceiro, Membro de ALAS de Lugo e membro tamen de ATURUXO, a Federación de Entidades GLTB da Galiça. Con el imos falar da SIDA na Galiça, da postura da Igrexa e das súas últimas intervencións públicas e tamen da figura do escritor homosexual galego Eduardo Blanco Amor e dos actos que se estan a preparar na Galiça na súa memoria. Estes actos terán lugar no camposanto de San Francisco onde está soterrado o escritor, o dia 1 de Decembro. Blanco Amor, un dos máis importantes escritores da historia da Galiça deixou obras tan importantes como "A esmorga" e "Xente ao Lonxe". Blanco Amor foi unha persoa cun compromiso moi importante ca democrácia, a esquerda política, a defensa dos dereitos dos homosexuais e o Galeguismo. Na súa obra "A Esmorga" aparece o personaxe homosexual, o "milhomes", personaxe que reflectía con claridade as terribeis dificultades de ser diverxente co modelo hetero-masculino.

Tamen teremos con nos no programa a María Xosé Porteiro, conselleira por Vigo polo PSdG e Deputada no Congreso. Esta muller, de pensamento socialdemócrata, sempre foi unha muller comprometida ca loita feminista e tamen ca loita galeguista situándose na liña nacionalista do PSdG. Con ela falaremos do presente e do futuro do país, do partido e máis concretamente do alcalde da Coruña, Paco Vázquez, e dos seus polémicos proxectos como alcalde socialista. Entre eles destacan, a polémica de castelanizar o topónimo da Coruña, coñecido como "A polémica do L" que ten como finalidade converter A Coruña en "LA Coruña" e tamen o rexeitamento a través da maioría absoluta do PSdG na Coruña a un plan do BNG para retirar o título de "fillo honorífico" da Coruña a Francisco Franco, co cal, grazas ao PSdG, agora mesmo Francisco Franco continua a ser "Fillo predilectísimo" da Coruña.


Tots els dissabtes, de 17:00 a 18:00 de la tarda, al 103.2 de la FM, tens una cita amb Sants3Ràdio i el Programa Galiza...Algo Máis dirigit i presentat per Suso Mon, amb Martí Avíñoá a la Producció i Helena Domínguez i Xosé Manuel Conde com a colaboradors habituals i membres de l'equip del programa.


Si ens vols seguir per internet ho pots fer a través de www.sants3radio.com

Si voleu contactar amb nosaltres ho podeu fer a través del correu electrònic :

galizaalgomais_ergac ARROBA yahoo.es

This work is in the public domain
Sindicato Sindicat