Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: @rtivisme : amèrica llatina
Homenaxe ó poeta do pobo Manuel Maria
28 nov 2004
Manuel María volve á actualidade. Estes días soubemos que a Biblioteca Chairega editou un libriño de inéditos seus, Elexías á miña vida pequeniña, escritos en 1950, e que a edición foi revisada polo poeta xustiño antes da súa morte. A historia é un chisco aqueloutrada. Seica o autor lle enviara daquela o texto a Cunqueiro mais non gardou copia, e ata agora non se soubo que eran inéditos. Por outra banda, o vindeiro sábado farase unha homenaxe a Manuel María no Centro Galego de Barcelona cunha lectura aberta dos seus textos, e xusto é que se faga precisamente neste sitio. Manuel María tiña unha memoria das Ramblas, que podemos seguir nun artigo escrito en 1968 sobre as sociedades de emigrantes galegos e nalgúns dos seus poemas.
VIEIROS // BARCELONA

SUMARIO DE XERFA
MANUEL MARÃ?A NAS RAMBLAS, ONTE E MAIS HOXE

21/11/2004


Manuel María volve á actualidade. Estes días soubemos que a Biblioteca Chairega editou un libriño de inéditos seus, Elexías á miña vida pequeniña, escritos en 1950, e que a edición foi revisada polo poeta xustiño antes da súa morte. A historia é un chisco aqueloutrada. Seica o autor lle enviara daquela o texto a Cunqueiro mais non gardou copia, e ata agora non se soubo que eran inéditos. Por outra banda, o vindeiro sábado farase unha homenaxe a Manuel María no Centro Galego de Barcelona cunha lectura aberta dos seus textos, e xusto é que se faga precisamente neste sitio. Manuel María tiña unha memoria das Ramblas, que podemos seguir nun artigo escrito en 1968 sobre as sociedades de emigrantes galegos e nalgúns dos seus poemas.

Por Helena González.

Que Barcelona está de maneira permanente no horizonte da cultura galega do s. XX, é evidente. E que Manuel María tivo unha relación próxima con escritores e cantantautores cataláns, tamén. Aos poemas dedicados a Cataluña xa citados no Sumario de Xerfa 1, publicado canda o seu pasamento, cómpre engadir outro, "Cataluña", publicado en O camiño é unha nostalxia (1985). Nel faise gabanza da paisaxe e das xentes, e escribe así sobre Barcelona:


Ramblas de Barcelona,
delicada Primavera do mundo,
onde se misturan e confunden,
nun orde latino e catalán,
recendos a mar e a laranxeiro,
cheos de claridade
e dunha vaga nostalxia indefiníbel.


Nesta impresión viva e leda recunca na sinatura que se conserva no libro de honra do Centro Galego:

Eiquí, nas Ramblas de Barcelona, leda primavera do mundo, esta presencia galega, ilusionada e humilde, pero nosa, abríndonos ao mundo, a tolerancia e a cortesía. E pra sempre. / Manuel María / Barcelona, novembro 1989 (reprodúcese en Centro Galego de Barcelona. 80 anos de historia, páx. 195).


A carón desta visión inxel e vitalista Manuel María defende tamén a súa postura política, ou mellor dito, de política cultural, a propósito do asociacionismo emigrante. Efectivamente, nunha das súas colaboracións habituais en El Progreso (21/04/1968), Manuel María daba conta das actividades co Centro Galego como o modelo que debían imitar as asociacións de emigrantes galegos. Se cadra cómpre lembrar que o xornal de Lugo dedicou sempre moita atención á comunidade galega en Cataluña na que era, e é, moi numerosa a presencia de lugueses. O artigo titúlase "Consideraciós encol das publicacións do Centro Gallego de Barcelona" e nel escribía o Manuel: "O Centro Gallego de Barcelona, co seu presidente en vangarda, encetou un camiño que é preciso seguir: o de diñificarse pola cultura. Este é o mellor xeito de servir a Galicia".


Naquela aquela altura o activísimo Centro Galego estaba presidido por Manuel Casado Nieto, Santiago Guisán Pardo era o vicepresidente e Basilio Losada o secretario. O artigo comeza cunha longa gabanza do labor poético do Casado vello e saúda calorosamente o seu último libro, na liña socialrealista (coma quen di, na moda do momento): "A sua poesía faise canto comunitario, voz de todos, testimuña certa dun tempo e dun país, para decilo cunha frase de Raimon". E a seguir salienta as traduccións da Biblia que fixo Casado e publicou o Centro Galego.



Enténdese que Manuel María estaba dando a benvida a unha actividade editorial maior, na que tamén tivesen cabida libros inéditos de escritores actuais, de xeito semellante a como procederon outras entidades americanas e europeas. Mais como un centro non é unha editorial, poucos libros máis promoveu o Centro Galego de Barcelona: as devanditas traduccións, unha recopilación de artigos de Manuel Rodríguez López, unha historia dos cursos de galego e mais o libro do aniversario. Mais iso si, cos seus luscofuscos, o Centro Galego de Barcelona destacou por ser un espacio para o debate crítico e aberto, un estilo de asociacionismo que chama pola dignidade e a emoción intelixente.



Continuaba Manuel María no seu artigo: "Dá verdadeira mágoa que un esforzo coleitivo como é a creación dun centro gallego quede simpremente en comer lacón, beber ribeiro, cantar canciois folklóricas, botar un aturuxo e pubricar unha pobre revistiña o día da festa do patrón. Todo esto do lacón, do ribeiro, do aturuxo e da revistiña non abonda". Isto escribiuno hai trinta e seis anos. ¿E aínda cumprirá recordarllo a algúns?

HOMENAXE A MANUEL MARÃ?A

27 DE NOVEMBRO DE 2004 Ã?S 19 H.

ORGANIZAN: XOSÃ LOIS GARCÃ?A E PEPE DE REQUEIXO

Participan: Pepita Alves, Antonio Archivai, Anxo Baranga, Paco Castro, Xavier Costa Clavell, Toni Cotado, Celso Díaz, Flora Díaz, Tamara Díaz, Xiana Díaz, Elvira Domínguez, Camilo Fernández Valdehorras, Xosé Manuel Fernández, Xosé Lois García, Helena González, Guzmán, Delfín Ledo, Xosé Méndez, Suso Mon, Antón Pérez Paredes, Manolo Piñeiro, Ana Belén Real, Manuel Rodríguez Troncoso, Pura Salceda, Xosé Mari Sancho, Irene Simón, Olegario Sotelo Blanco, Ana Vázquez e Elvira Veloso

Centro Galego de Barcelona | Rambla Caputxins, 35-37


-------------------------------------------------



GALIZA

Galiza docemente
está ollando o mar;
¡ten vales e montañas
e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballo
cargados de trafegos!

Galiza é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise
na voz da gaita chora!

Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!

Galiza somos nos:
a xente e máis a fala
¡Si buscas a Galiza
en ti tes que atopala!


Manuel Maria
do libro " Os soños na gaiola"

This work is in the public domain
Sindicat Terrassa