Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center
Notícies :: ecologia
Segón aniversari de la Catàstrofe del Prestige
12 nov 2004
VIEIROS

MANIFESTACIÃN DE NUNCA MÃ?IS EN COMPOSTELA

DOUS ANOS DESDE O PRESTIGE, PERO CANTO TEMPO ATA UNHA NOVA CATÃ?TROFE?

12/11/2004

"Hai dous anos, un lamentable accidente marítimo tinxía de negro chapapote as nosas costas. Hoxe, 24 meses despois, Galicia presenta o seu aspecto máis brillante e luminoso". Son palabras pronunciadas polo presidente da Xunta na visita que realizou a Muxía este venres. O conselleiro de Pesca insistía esta mañá tamén no mesmo sentido: "a gran mentira é pretender que unha marea negra se poida evitar con medios". Foron as mesmas persoas que, dous anos antes, negaban que as praias estiveses "tinxidas de negro" ou que houbese risco dunha "marea negra" nas costas. No segundo aniversario do Prestige, as versións sobre a catástrofe seguen sendo contradictorias. Os que seguen sen acreditar na versión oficial e reclaman medidas efectivas en seguridade marítima e loita contra a contaminación e compensacións reais por unha catástrofe mal xestionada están convocados por Nunca Máis a participar nunha manifestación na Alameda de Santiago de Compostela ás 6 da tarde baixo un lema: "Seguimos a esixir solucións e xustiza".



�s 18 na Alameda este sábado: NM!!!
A MANIFESTACIÃN DE NUNCA MÃ?IS REMATARÃ? NA QUINTANA CON ACTUACIÃNS MUSICAIS

12/11/2004
Este sábado a Plataforma cidadá Nunca Máis voltará sair ás rúas de Compostela para que o berro de nunca máis sexa por fin unha realidade. Será ás 18 desde a Alameda até a Quintana, onde se lerán os manifestos de NM e remataremos coas actuacións musicais de Ruote e Emilio Rúa.

A Plataforma cidadá Nunca Máis ten convocada para mañá ás 18 da tarde unha mobilización baixo o lena â13 de novembro. Día da dignidade. Continuamos a exixir solucións e xustizaâ?. A primeira faixa da manifestación levará este lema e será portada polos membros da Comisión Xestora da Plataforma cidadá Nunca Máis, nunha segunda pancarta irá unha representación do sector pesqueiro e na terceira faixa irán representantes do movemento ecoloxista.






O final da mobilización terá lugar na Praza da Quintana, onde Manuel Rivas e Xurxo Souto lerán o manifesto desta mobilización, e onde tamén terá voz a través dos seus manifestos Celtia, unha nena de Muxía que participou na cadea humana, e Miguel Anxo Pazos, presidente da agrupación de mariscadores a pé da confraria de Pontevedra. Carlos Blanco será o encargado de presentar este acto final, onde tamén estará presente e participará a cantante Uxía Senlle.

Para rematar esta festa da dignidade, actuarán o grupo folk da Coruña Ruote e Emilio Rúa, cantautor de Ourense, ateigando a Praza da Quintana de música e do berro de Nunca Máis.



O sábado 13 de novembro ás 12.15
VOLANTINAS QUE MANCHAN PARA LEMBRAR O SEGUNDO ANIVERSARIO DO PRESTIGE

12/11/2004

Será na Praza do Toural, o deseñador Sebastián Alos achéganos unha acción simbólica pare este segundo aniversario da ctástrofe do Prestige. Na mañá do sábado repartiremos volantinas que nos han lembrar o día no que nos encontramos...


A mañá do sábado 13, para chamar á manifestación convocada por Nunca Máis, repartiranse nas rúas de Santiago miles de octavillas co lema âPrestige: 2 anos despoisâ?, impresas de maneira que cando se collen, manchan as mans do viandante. A acción proponse como símbolo para o segundo aniversario do naufraxio: dous anos despois, o Prestige segue manchando, a catástrofe segue tendo consecuencias.

Dous anos despois, o Prestige segue manchando, a catástrofe segue a ter consecuencias;
O proxecto é unha iniciativa do xoven deseñador valenciano Sebastián Alós â recentemente galardoado cun Premio LAUS, o trofeo máis prestixioso do deseño españolâ para a Plataforma Nunca Máis. En palabras de Alós, a octavilla âreproduce, a unha escala infinitamente menor e usando os elementos mínimos de calquer impreso, o feito real que provocou o desastreâ?.

A idea nace fai un ano cando Alós incorpora ao seu estudio a Xurxo Insua, deseñador membro de Nunca Máis Valencia. O concepto do valenciano ponse en marcha coa colaboración da plataforma daquela cidade, para máis tarde entrar en contacto con Nunca Máis en Galiza.

Sebastián Alós (Godelleta,1972) desenrola a súa actividade en Valencia, centrada no diseño â principalmente gráfico e industrial. Dentro da súa producción atópanse tamén propostas propias do ámbito da arte contemporánea; o seu traballo sitúase con frecuencia no límite entre ambos.
Ainda que haberá tres grupos que repartirán estes panfletos na cidade, a convocatoria co deseñador e con persoas da Plataforma cidadá Nunca Máis será ás 12.15 na Praza do Toural este sábado 13 de novembro. Agradamos a vosa presenza .

Plataforma cidadá Nunca Máis


Falaron as xentes do mar
O SECTOR PESQUEIRO PRESENTA AS SÃAS DEMANDAS E FALA DA NECESIDADE DE VOLTAR SAIR Ã?S RÃAS ESTE 13-N
12/11/2004
Este xoves tivo lugar unha rolda de prensa na que as xentes do sector pesqueiro falaron desde a súa perspectiva do que están a significar para os traballadores e traballadoras do mar estes dous anos de Prestige.
Na rolda de prensa estiveron presentes numerosos representantes do sector pesqueiro, que, xunto ao portavoz de NM, Rafa Villar, falaron da situación do sector.

O portavoz de NM, Rafa Villar, acompañado de representantes do sector pesqueiro e marisqueiro de Galiza, afirmou que cando se van cumplir dous anos da catástrofe, os efectos do Prestige continúan a ser unha cuestión de primeira orde e que ainda non se pode pasar páxina.

Engadiu que hoxe por hoxe a Plataforma Nunca Máis está en condicións de afirmar que continúa a existir unha situación de alto risco de que volte repetirse un accidente similar ao Prestige.

MANIFESTACIÃN EN SANTIAGO

Neste contexto, lembrou que a plataforma continúa a exixir solucións e xustiza, e por isto, NM desenvolveu nestas datas unha campaña que terá como acto principal unha manifestación o próximo sábado 13 de novembro que sairás ás 18 da tarde da Alameda.

DESCENSO DE CAPTURAS

O vicepatrón maior da confraria de Aldán, Jorge Pérez, alertou dos decensos das capturas das especies autóctonas das augas galegas, tanto bivalvos, como crustáceos o pesca de baixura. tamén o presidente da agrupación de mariscadores a pé "San Telmo" de Pontevedra, Miguel Anxo Pazos, fixo referencia á diminución das capturas e pediu á Consellería de Pesca que "se molle" para solucionar a situación.



Pazos expuxo como reclamacións dos sectores produtivos e de Nunca Máis que os danos futuros no ámbito pesqueiro deben ser asumidos pola administración central e autonómica "até que se recupere o medio mariño"; medidas reais de apoio ao marisqueo, pesca de baixura e a acuicultura tradicional; plans de recuperación do meedio mariño dotados economicamente; plans de repoboación con especies comerciais e autóctonas; e que se resolvan os "problemas crónicos da contaminación" en ríos e rías.

Rafa Villar asegurou que Nunca Máis comparte "todas e cada unha das reclamacións" dos sectores pesqueiro e marisqueiro. Afirmou que nalia ás declaracións triunfalistas de membros da Administración, "os dados non encaixan e hai unha enorme preocupación no sector".

Por último, concluiu que "máis alá das mensaxes triunfalistas", as administracións teñen que poñerse máns á obra para solucionar as consecuencias do Prestige porque "ainda queda moito por traballar".

This work is in the public domain
Sindicat Terrassa