Imprès des de Indymedia Barcelona : http://barcelona.indymedia.org/
Independent Media Center

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Notícies :: corrupció i poder
Conversa de pare a fill
03 set 2004
Conversa dun pai co seu fillo, nun fogar de Norte América, setembro do 2004.

Fillo: Pai, ¿porqué nós atacamos ó Iraque?
Pai: Meu filliño, porque tiñan armas de destrucción masiva...
F: Mais, meu pai ¡os inspectores non atoparon armas!!!
P: Porque os iraquis as agocharon ben agochadiñas...
F: ¿E foi por iso que atacamos ó Iraque?
P: Sempre dixeron os máis vellos que os ataques son millores que as inspeccións...
F: Mais...Logo da invasión non atopamos ningún tipo de arma de destrucción masiva ¿non sí?
P: Eso foi porque os iraquís as agocharon moi ben. Non te preocupes... Xa atoparemos algo antes das eleccións do 2004...
F: ¿Ti sabes para qué queria Iraque todas esas armas de destrucción masiva?
P: Pois... para usalas na guerra, parvo.
F: Non o entendo... Se tiñan esas armas para usalas na guerra ¿porqué non-as usaron cando atacamos ó Iraque?
P: Probablemente porque non desexaban que ninguen soupese que as tiñan. Xa que logo, ese é o motivo polo que decidiron morrer decenas de miles deles denantes que defenderse....
F: ¡Eso non semella moi lóxico, meu pai! ¿Cál sería o motivo polo que preferíran morrer no canto de usar as armas para loitar en contra de nós?
P: ¡Eche outra cultura, meu fillo!! Non hai ningunha lóxica niso.
F: Non sei o que ti pensas, mais eu penso que non tiñan ningunha disas armas que o noso goberno denunciou.
P: Mira, non ten importancia se as tiñan ou non. De tódol-os xeitos nós tiñamos boas razóns para invadir Iraque.
F: ¿E cáles era esas razóns?
P: Mesmo si Iraque non tiña armas de destrucción masiva, o Saddam Hussein era un ditador cruel. Esa xa era unha moi boa razón para invadir outro país.
F: ¿Por qué¿ ¿Qué fai un cruel ditador para que teñan motivos para invadir o seu pais?
P: Por exemplo, torturar ó seu pobo.
F: ¿Mais ou menos do mesmo xeito que o fan na China?
P: ¡¡¡Non me veñas agora a comparar China co Iraque!!! China é o noso amigo comercial, onde millóns de habitantes traballan con salarios de escravos para que as nosas compañías sexan cada intre máis ricas.
F: Ou sexa ¿Cando un país deixa que o seu pobo sexa explotado polas compañias de EEUU é un bó país, ainda que torturen ó seu proprio pobo?
P: ¡Certo!
F: Entón ¿Porqué a xente foi torturada no Iraque?
P: Mira... Especialmente por cometer crimenes políticos, como criticar ó goberno. Cando alguen criticaba ó goberno, remataba no cárcere e torturada.
F: Mais...Meu pai... ¿Eso non é o mesmo que está a suceder na China?
P: Xa che dixen que a China é diferente
F: ¿Cál é a diferencia entre a China e o Iraque?
P: No Iraque mandaba o partido Baath e na China mandan os comunistas.
F: ¿E tí non dixeras que o comunismo é moi malo?
P: Non. Só o comunismo cubano é moi malo.
F: ¿E de que xeito o comunismo cubano é moi malo?
P: Mira, por exemplo, tódol-os críticos do goberno rematan no cárcere e torturados.
F: ¿Como no Iraque?
P: ¡Exactamente!
F: ¿Ou como na China?
P: Xa dixen que a China é un país amigo. Cuba non.
F: ¿Porqué non é Cuba o noso amigo comercial?
P: Mira... Nos anos 60 o noso goberno fixo aprobar unhas leis que declaraban ilegal o comercio con eles namentres non deixasen ser comunistas e se converter en capitalistas coma nós...
F: E se anulásemos esas leis e reanudaramos o comercio con Cuba, ¿non sería un xeito para convencer á xente ser capitalistas?
P: ¡Non fagas o parvo!
F: Non foi esa a miña ideia...
P: Ademáis... tampouco hai liberdade de relixión en Cuba...
F: ¿Cómo é o movemento Falun-Gong na China?
P: Xa che dixen que non digas bobadas da China. De tódol-os xeitos Saddam Hussein tomou o poder cun golpe de estado, situación que fai ó seu goberno ilexítimo.
F: ¿Qué é un golpe de estado?
P: Cando un xeneral toma o poder con violencia en troques de chamar a eleccións como facemos nos EE.UU.
F: ¿O lider de Paquistán non chegara ó poder cun golpe de estado?
P: ¿Falas de Pervez Musharraf? Si... mais Paquistán é o noso amigo...
F: ¿Cómo pode Paquistan ser o noso amigo si o seu lider é ilexítimo?
P: Eu non dixen que Pervez Musharraf sexa ilexítimo...
F: Non dixeches que si un xeneral toma o poder con golpe de estado é ilexítimo?
P: Soamente Saddam Hussein. O Pervez Musharraf é o noso amigo porque axudou a EE.UU a invadir o Afganistán.
F: ¿E porqué invadimos o Afganistán?
P: Foi polo que fixeron o 11 de setembro...
F: ¿Qué foi o que fixo Afganistán o 11 de setembro?
P: Ese día foron secuestrados 4 avións por 19 homes, 15 deles árabes saudís. Tres avións estouraron contra das torres xemelgas e mataron a máis de 3000 personas.
F: ¿E que ten que ver Afganistán nese asunto?
P: Nese país entrenáronse eses homes malos baixo a dirección dos talibáns.
F: ¿Son os talibáns esos musulmáns fanáticos que cortan as cabezas e as máns da xente?
P: Exacto. E oprimen ás mulleres....
F: ¿A Administración Busch non lles enviou 43 millóns no mes de maio do 2001?
P: Si... mais eso era unha recompensa polo boísimo traballo que fixeron contra os traficantes de droga...
F: ¿Loita contra dos traficantes de droga?
P: Si. Os Talibán foron moi efectivos para evitar que a xente sementara amapolas e fixera a colleita de opio...
F: ¿E cómo foi que fixeron tan bó traballo?
P: Dun xeito moi doado. A quen pillaban sementando amapola cortábanlle a cabeza e as máns.
F: Dese xeito, cortarlle a cabeza ou as máns era correcto. ¿Non habia outros motivos?
P: Correcto. Os outros motivos foron obrigar ás mulleres a levar velo que lle cubrira todo o seu corpo.
F: ¿Esa non é unha práctica que usan tamén na Arabia Saudí?
P: Non. Na Arabia Saudí esa é unha roupa tradicional que tapa todo o corpo...
F: ¿Cál é a diferencia? Semella a mesma lei con outro nome...
P: Non compares Afganistán coa Arabia Saudí. Os saudís son os nosos amigos...
F: Lembro que dixeches que 15 dos 19 secuestradores eran de Arabia Saudí...
P: Si. Mais eran homes entrenados en Afganistán.
F: ¿Que os entrenaba?
P: Un home moi malo chamado Osama Bin Laden.
F: ¿Era de Afganistán?
P: ¡Non! ¡Non! Era de Arabia Saudí, mais malo, moi malo..
F: Lembro, tamén, que nun tempo foi amigo noso...
P: Foi amigo cando axudou cos Muyahedins contra dos soviéticos nos anos 80.
F: Os soviéticos ¿non eran eses do imperio comunista dos que falaba Ronald Regan?
P: Xa non son soviéticos. A URSS colapsou no 1990. Agora son capitalistas e chamámo-los "rusos".
F: ¿Os soviéticos..? Perdón. ¿Os rusos son agora os nosos amigos?
P: Non directamente. Foron os nosos amigos cando deixaron ser soviéticos... Mais non axudaron na invasión do Iraque e estamos moi enfadados con eles... Tamén estamos enfadados cos franceses e cos alemáns...
F: ¿Os franceses e os alemáns tamén son moi malos?
P: ¡Home! Malos, malos non son. Mais estamos enfadados con eles e rebautizamos ás "patatas francesas" e tamén ás "tostas francesas" en "patatas e tostas Freedom".
F: ¿Nós sempre rebautizamos a comida dos países que non fan o que nós desexamos?
P: Non. Eso é cando son amigos. Ós inimigos os invadimos...
F: ¿O Iraque non era amigo noso nos anos 80?
P: Si, era...
F: ¿O seu lider era Saddam?
P. Era. Estaba a loitar contra o Irán, convertíndose no noso amigo...
F: ¿Só por eso era o noso amigo?
P: Noooon! ¡O Irán era o noso inimigo!
F: ¿Non foi Saddam o que botou gas sobre os kurdos?
P: Si. Mais cando loitaba contra do Irán. Viramos a cara para mirar á outra banda... E amosarlle que era o noso amigo...
F: Entón, se alguén loita contra dun inimigo noso ¿convírtese no noso amigo?
P: Mais ou menos...
F: ¿E se loita contra un amigo, convírtese automáticamente en inimigo noso?
P: �s veces ocorre así... De tódol-os xeitos, se as empresas estadounidenses venden armas ós dous bandos da loita, gañan diñeiro. É moito mellor...
F: ¿Porqué?
P: Porque a guerra é moi boa para a economía. Eso significa que tamén é boa para os EE.UU. Ademáis... Deus está da nosa parte. Os que se opoñen á guerra son pecadores, comunistas, anti EE.UU. ¿Comprendes porqué atacamos ó Iraque?
F: Penso que sí... Atacamos porque Deus así o quere ¿verdade?
P: ¡Siiii!
F: Mais... ¿Cómo é que nós sabemos que Deus desexa que ataquemos ó Iraque?
P: Mira... Deus lle fala a George W. Bush e lle dí o que ten que facer...
F: Ou sexa que ¿invadimos o Iraque porque George W. Bush escoitou voces dentro da súa cabeza?
P: ¡Siii! Por fin comprendiches como funciona o mundo. Anda. Pecha os ollos e durme. ¡Boas noites!
F: ¡Boas noites, papá!

Fai o que desexes coa mensaxe. Mais... vai con tino cando leves a durmir ó teu fillo...

This work is in the public domain

Comentaris

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494
jeje, un niño demasiado enteradinho
03 set 2004
vaya con los niños/hijos de hoy en día.

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494
Re: Conversa de pare a fill
04 set 2004
No ho entenc. En catala si us plau, que estem a Catalunya.

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494
Re: Conversa de pare a fill
04 set 2004
I si ho tradueixes tu mateix?? Prova amb internostrum, curra una mica

De fet crec que ni t'has aturat a llegir-ho perque el gallec s'entèn prou bé. Simplement ho fas per tocar els collons, no??

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494
Re: Conversa de pare a fill
04 set 2004
Dedicado a los gallegos que votaron a Fraga:

gallegos,votasteis a un asesino
pues chapapote os trae el destino.

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494

Warning: error_log(/srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/private/log/dadaphp.log): failed to open stream: S’ha denegat el permís in /srv/www/indymedia.org/barcelona/site.tree/public/imc_classes/imc_FunctionLibrary.inc on line 494
Re: Conversa de pare a fill
04 set 2004
Sembla que alguns no aprneu quan hi ha un comentari clarament troll simplement sudeu,

Salute and silenci
Sindicato Sindicat